O conto da criada

novela de Margaret Atwood

O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica[2] da autora canadense Margaret Atwood,[3][4] publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos.[5] A novela céntrase na historia da criada Offred. O seu nome provén da forma do posesivo en inglés "of Fred"; as criadas teñen prohibido usar os seus nomes de nacemento e deben obedencia ó seu home, ou mestre, ó cal serven.

O conto da criada
Título orixinalThe Handmaid's Tale
Autor/aMargaret Atwood
CubertaTad Aronowicz (orixinal)[1]
Carlos Valdés (versión en galego)
OrixeCanadá
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial McClelland and Stewart
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1985
Galicia 2019
FormatoTapas duras
Páxinas311
ISBNISBN 0-7710-0813-9 (en)
ISBN 978-84-948421-3-9 (gl)
TraduciónCelia Recarey e Carlos Valdés García
editar datos en Wikidata ]

The Handmaid's Tale explora os temas da muller suxugada na sociedade patriarcal e nas diferentes maneiras nas que esas mulleres tentan gañar individualismo e independencia persoal. O título da novela componse de partes de Os contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, que é unha serie de historias conectadas ("The Merchant's Tale", "The Parson's Tale", etc.).[6]

Sinopse editar

Logo dun golpe militar que acabou co presidente e que foi atribuído ó terrorismo islámico, uns políticos teócratas chegan ó poder dos Estados Unidos, que pasan a denominarse república de Galaad. Coa excusa da defensa contra a violencia, aumentan o autoritarismo e diminúen as liberdades e os dereitos sociais, comezando por suprimir a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. As mulleres divídense en castas e promóvese o medo e a sospeita entre elas. A "criada" é unha muller que se considera única e exclusivamente un obxecto cuxo único valor está nos seus ovarios, sendo un receptáculo preciso para acadar o nivel de novos nacementos desexado en Gilead para manter o seu modelo de sociedade.

Nesta sociedade, Defred é unha muller que perde os seus cartos, o seu emprego e mesmo o seu nome, que pasa a ser o do seu dono, ó ser asignada como un tipo de escrava denominada "criada" dun home, o "comandante". Dende entón estalle prohibido ter propiedades, autonomía económica ou independencia social, saír da casa onde vive (se non é para facer compras para a casa), falar, ler ou ter algún tipo de comunicación que non sexa cos seus propietarios, ningún tipo de actividade intelectual nin de liberdade sobre a súa imaxe e aparencia física e mesmo sobre o seu corpo, incluíndo a súa alimentación e as súas relacións sexuais, xa que non pode telas con ninguén agás co seu dono, que a pode violar unha vez ó mes, durante a Cerimonia, supostamente co obxectivo de procrear.

Adaptacións editar

A novela foi adaptada nunha popular serie de televisión, The Handmaid's Tale (2017-actualidade), protagonizada por Elisabeth Moss.[7]

Traducións editar

Notas editar

  1. Cosstick, Ruth (xaneiro de 1986). "Book review: The Handmaids Tale" 14 (1). CM Archive. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  2. "The Handmaid's Tale Study Guide: About Speculative Fiction". Gradesaver. 22 de maio de 2009. 
  3. Atwood, Margaret (17 de xuño de 2005). "Aliens have taken the place of angels". The Guardian (Reino Unido). 
  4. Langford 2003.
  5. Douthat, Ross (24 de maio de 2017). The New York Times, ed. "'The Handmaid's Tale and Ours'" (en inglés). 
  6. Atwood, Margaret (10 de marzo de 2017). The New York Times, ed. "Margaret Atwood on What 'The Handmaid's Tale' Means in the Age of Trump". Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  7. "The Handmaid's Tale". 2017-04-26. Consultado o 2024-02-27. 
  8. Irmás Cartoné (ed.). "O conto da criada por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Langford, David (Aug 2003), "Bits and Pieces", SFX (UK: Ansible) (107).

Outros artigos editar