José Jané
José Jané Baqués, nado en Sabadell a finais do século XIX, foi un organista e compositor catalán afincado en Vigo coñecido por ser o organista do cine Fraga de Vigo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Sabadell, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | compositor, organista |
Traxectoria
editarIngresou como neno de coro no mosteiro de Montserrat aos 8 anos, e debutou como organista aos 13 anos acompañando unha misa gregoriana.
Chegou a Galicia en 1925[1] como mestre concertador da compañía Gari Uset, que dirixía o actor cómico José Uset.[2] Contratado pola Empresa Fraga recalou en Pontevedra en 1927 como mestre concertador da orquestra do Teatro Principal[3] onde acompañou as películas mudas con grande éxito, como dan testemuña as numerosas novas na prensa. Alí coñeceu á redondelá María del Carmén Fernández Tapias filla do dono do hotel Europa, coa que casou[4] e instalou unha academia de música, primeiro na rúa da Oliva 64[5] e logo na de Michelena 18.[6]
En xuño de 1927, compuxo música para a zarzuela en tres actos O avarento de Herminia Fariña.[7] Ao ano seguinte viaxou coa súa dona a Milán para ampliar estudos.[8] En 1929 o seu contratador, o empresario carballiñés Isaac Fraga, levouno como director da orquestra do Teatro García Barbón de Vigo[9] e, xunto coa súa orquestra composta de 14 profesores, acompañou películas como The King of Kings de Cecil B. de Mille. [10] Ese mesmo ano, tamén dirixiu a orquestra do Teatro Tamberlick[11] e tocaba como pianista de café no Derby.[12]
En 1931 naceu seu fillo José Jané Fernández,[13] e acompañou a cantantes como o tenor galego José Vales ou a soprano arxentina Aida Arce.[14] Un dos seu alumnos destacados nesa época foi o barítono Jesús Paniagua Castro.[15] En 1937 tomou a dirección da Schola Cantorum da Agrupación Martín Codax.[16]
A partir do 1949, pasou a ser o organista do cine Fraga onde actuaba no descanso entre o NO-DO e a proxección da película. Este teatro, construído entre 1941 e 1948, foi dotado cun magnífico órgano ao estilo das salas americanas, cando o uso deste instrumento entraba en decadencia pola chegada do sonoro.[17]
Trala morte do compositor e profesor de música dos Xesuítas de Vigo José Iglesias Sánchez pasa a ocupar ese posto.[18]
En 1955, Rogelio Groba, director da banda de música da Estrada, estreou o sainete lírico en dous actos Amor d'a Terra de Jané con letra de Juan López Gacio xunto á Masa Coral da Estrada.[19]
En 1959 pasou a dirixir a capela Rodulfo, capela creada polo compositor baionés finado en 1956, continuando na década seguinte a actividade musical desta agrupación relixiosa.[20]
Durante a década dos 60, continuou desenvolvendo a actividade como organista no Fraga,[21] profesor de música do colexio dos xesuítas, director da capela Rodulfo e pianista acompañante de diversas agrupacións, entre elas a coral Casablanca. Tamén foi profesor do organista vigués e dono do almacén de música Orpheo, José Carlos Rodríguez.[22]
Obra
editar- Sueños de artista (1926) Comedieta lírico en tres actos con letra de Jose Paseiro.[23]
- O avarento (1927) Zarzuela en tres cadros e un acto con letra de Herminia Fariña.[7]
- Himno a la belleza (1933).[24]
- ¡¡Arriba España!! (1937). Revista patriótica en sete cadros en prosa e verso con letra de Jesús Álvarez Díaz e José Signo.[25]
- Himno da cofraría do Silencio (1947). Con letra de Enrique Romero Archidona.[26]
- Amor d'a Terra (1955). Sainete lírico en dous actos con letra de Juan López Gacio, estreada por Rogelio Groba.[19]
- Misa Flos Carmeli (1958). Estreada na festividade de Santa Icía coa orquestra da Sociedad Filarmónica de Vigo dirixida por Daniel Quintas.[27]
- Estetit Angelus (1960)[28]
- "Conxunto de seis "lieder" (1960)[29] — No máis fondo, R. Cabanillas. — Arqueiro, R. Cabanillas. — Nacín cand´as prantas nacen, Rosalía de Castro. — Quíxente tanto, Rosalía de Castro. — Letanía aldeán, J. Crecente Vega . Partitura autógrafa para piano e canto depositada no Museo de Pontevedra, Arquivo musical, Sig. 56/37/34. Composición participante no "1º Festival de la Canción Gallega" na sección Premio Montes.
- O millor d'a festa (1961). Fantasía galega para violín e piano composta xunto ao violinista Francisco Aparicio e editada por este último. Tamén transcrita para banda de música por Juan Moldes.[30]
Notas
editar- ↑ "Hoy en Jofre, Los Gari-Uset", El Correo Gallego, 31/XII/1925, p.1
- ↑ "Espectáculos, Teatro principal". El Compostelano (174): 3. 7 de xaneiro de 1926.
- ↑ "Noticias". El Progreso (9696): 3. 6 de abril de 1927.
- ↑ "De sociedad". El Diario de Pontevedra. Ano XLII (12.662): 1. 25 de marzo de 1927.
- ↑ "ACADEMIA MUSICAL del maestro Jané. Lecciones en general. Oliva, 64". El Diario de Pontevedra (12.727): 2. 10 de xuño de 1927.
- ↑ "El maestro Jané traslada su academia musical a la calle de Michelena, 18". El Diario de Pontevedra (12.812): 3. 19 de setembro de 1927.
- ↑ 7,0 7,1 "El teatro gallego, "O avarento"". El Compostelano. Ano VIII (2.152): 2. 13 de xuño de 1927.
- ↑ "De viaje". El Progreso (10.073): 2. 4 de xullo de 1928.
- ↑ "Pontevedra al día". El Pueblo Fallego (1.586): 12. 24 de marzo de 1929.
- ↑ "Hoy en el suntuoso García Barbón". El Pueblo Gallego (1.590): 4. 26/III/1929.
- ↑ "Escena muda, en el Tamberlick". El Pueblo Gallego (1.680): 3. 11 de xullo de 1929.
- ↑ "El Derby: un café y mucho más". Faro de Vigo. 12/XI/2020. Consultado o 20 de febreiro de 2023.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10/XII/1931, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14/IX/1932, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12/IX/1933, p. 6.
- ↑ Martín Codax nº. 28, 1/V/1937, p. 4.
- ↑ "El último misterio del teatro Fraga". Faro de Vigo. 2/VI/20190. Consultado o 20 de febreiro de 2023.
- ↑ El pueblo gallego, 9/VII/1959, p. 4.
- ↑ 19,0 19,1 La Noche, 17/X/1955, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28/VIII/1960, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26/III/1965, p. 10. El Pueblo Gallego, 27/III/1966, p. 6.
- ↑ "GALICIA NECESITA UNA ORQUESTA SINFÓNICA REGIONAL. Entrevista con José Carlos Rodríguez: concertista de la coral Casablanca y vicepresidente de la orquesta de cámara", El Pueblo Gallego, 9/I/1966. p. 7
- ↑ "Espectáculos, Teatro Principal". El Compostelano. Ano VII (1.746): 1. 9 de xaneiro de 1926.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9/II/1933, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14/VII/1937, p. 3.
- ↑ La Noche, 13/III/1947, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23/XI/1958, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 2/X/1959, p. 10.
- ↑ "Partituras de José Jane Baqués: "Conjunto de seis "lieder" (1960)". Consultado o 1 de marzo de 2023.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-V-1963, p. 20.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Martín, Gerardo (2016). "Jané Baqués, José". Diccionario de Vigueses (1875-1945) I. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 488.
Ligazóns externas
editar- Rafael L. Torre (29 de abril de 2018). "El maestro Jané". Faro de Vigo (en castelán).