Abrir o menú principal

José Echeverría Novoa

político galego

José Echeverría Novoa, nado en Pontevedra en 1902[1] e finado en Miami en 1984, foi un avogado e político galego.

José Echeverría Novoa
José Echeverría Novoa 1933.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1933
Nacemento1902
 Pontevedra
Falecemento1984
 Miami, Florida
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJosé Echeverría Harguindey
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de José Echeverría Harguindey, dunha familia pontevedresa orixinaria de Iparralde. Estivo vinculado ao republicanismo dende 1930, cando foi vicesecretario do Centro Republicano de Pontevedra e, logo da dimisión de Osorio-Tafall, ocupou o cargo de secretario. Como membro relevante do republicanismo pontevedrés, foi un dos asinantes do pacto de Lestrove en marzo de 1930, polo que se creou a Federación Republicana Gallega. Mantivo a súa militancia primeiro na FRG-ORGA, logo en Acción Republicana e dende 1934, en Izquierda Republicana, da que foi elixido presidente do grupo local de Pontevedra en xaneiro de 1935.

Xa proclamada a República, foi nomeado gobernador civil de Cidade Real (30 de decembro de 1931 a 16 de xuño de 1932), pasando despois a Alacant (16 de xuño de 1932 a 14 de maio de 1933) e a Oviedo (14 de maio de 1933 a 14 de setembro de 1933). Interviu en mitins na campaña conxunta de Izquierda Republicana e o Partido Galeguista a finais de 1935 e na campaña electoral de febreiro de 1936. No volveu ocupar gobernos civís ata despois da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, ocupando o de Xaén (22 de febreiro de 1936 a 25 de febreiro de 1936) e o de Biscaia (24 de maio de 1936). No intervalo entre ambos, en abril, foi un dos compromisarios elixidos nas candidaturas da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República en abril de 1936.[2]

Casou no Carballiño con Adela de los Arcos Pérez en febreiro de 1933.

A Guerra Civil en BiscaiaEditar

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era gobernador civil de Biscaia e tivo un importante papel no fracaso da sublevación na provincia, ao ordenar o desvío ao edificio do Goberno Civil das chamadas telefónicas do cuartel de Garellano de Bilbao, evitando así que os mandos do cuartel tivesen información das vicisitudes da sublevación. Para facer fronte á situación creada pola guerra, o 23 de xullo constituíu a Comisaría General de Defensa de la República en Vizcaya, formada por representantes dos partidos do Fronte Popular (que no País Vasco incluía tamén a Acción Nacionalista Vasca) e polo Partido Nacionalista Vasco. Ademais do posto de comisario xeral, asumiu a delegación de Orde Público. A Comisaría Xeral foi substituída o 13 de agosto pola Junta de Defensa de Vizcaya, que incluía tamén á CNT. Ademais da Presidencia, Echeverría ocupouse tamén da delegación de Gobernación.[3]

Despois da aprobación do estatuto vasco, o 7 de outubro, na Casa de Xuntas de Gernika, investiu como lehendakari a José Antonio Aguirre, en nome do Goberno da República.[4] Como a aprobación do estatuto e a creación do Goberno Vasco provisional facían desaparecer a figura dos gobernadores civís, abandonou o seu posto en Biscaia, pasando á zona centro-sur baixo control da República.

Logo dos incidentes de maio de 1937 en Barcelona, foi nomeado delegado de Orde Público do goberno da República en Cataluña, pero foi relevado pouco despois por presións da FAI.[5]

ExilioEditar

Tras o fin da Guerra Civil, marchou ao exilio, primeiro en Panamá, despois en Cuba e en Estados Unidos, onde morreu no esquecemento.

NotasEditar

  1. Ficha de José Echeverría Novoa no Registro de migraciones ibero-americanos do Ministerio de Cultura de España.
  2. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  3. Sebastián García, Lorenzo (2008). "Alfredo Espinosa Orive (1903-1937): Detención, procesamiento y ejecución de un consejero del Gobierno Vasco". Sancho el sabio: Revista de cultura e investigación vasca (28): 223. ISSN 1131-5350. 
  4. De la Granja, José Luis (1988). "El Estatuto, el Gobierno, los partidos y sindicatos vascos en la Guerra Civil (1936-1937)" (PDF). Boletín del Instituto Gerónimo de Uztariz (2): 97. 
  5. Viñas, Ángel (2007). Editorial Crítica, ed. El escudo de la República. Barcelona. p. 514. ISBN 978-84-8432-892-6. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar