John Croker

gravador de medallas e moedas inglés de orixe alemá

John Croker, nado en Dresden, Saxonia, o 21 de outubro de 1670 e finado en Londres o 21 de marzo de 1741, foi un xoieiro e gravador alemán emigrado a Inglaterra que chegou a ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, baixo os reinados da raíña Ana, de Xurxo I e de Xurxo II, cando a ceca londiniense estaba dirixida por Isaac Newton.

Modelo:BiografíaJohn Croker
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1670 Editar o valor en Wikidata
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1741 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Gran Bretaña, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Gran Bretaña (1691–1741) Editar o valor en Wikidata
Ocupacióngravador, medallista Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Croker foi o gravador da medalla de 1702 conmemorativa da Batalla de Rande, na Ría de Vigo,[1][2] así como da serie de moedas a nome da raíña Ana cuñadas coa prata e o ouro capturados nesa batalla, que locen a palabra VIGO baixo o busto da raíña.[3][4][5]

Traxectoria

editar

Primeiros anos en Alemaña

editar

Crocker naceu en Dresden o 21 de outubro de 1670, fillo de Rosina Frauenlaub e dun escultor en madeira e ebanista de Xoán Xurxo II, elector de Saxonia. O seu pai faleceu sendo el un neno e Croker foi posto como aprendiz do seu padriño, un ourive e xoieiro da mesma cidade, con quen xa se iniciou na arte do gravado de medallas.[6][7][8]

Logo dun período de aprendizaxe, comezou a exercer a súa profesión primeiro por diferentes cidades de Alemaña, e logo emigrou primeiro aos Países Baixos e despois, en 1691, a Inglaterra, onde cambiou o seu nome orixinal, Johann Crocker, por John Croker.[6][8][9]

Medallista e gravador de moeda en Inglaterra

editar
 
Medalla de prata conmemorativa da Batalla de Rande, na Ría de Vigo (1702), gravada por John Croker.

En Inglaterra comezou a traballar como xoieiro e medallista, labor polo que empezou a ser moi recoñecido en Londres por parte de persoas influentes, o que o levou a ingresar na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) en 1697 como gravador auxiliar, colaborando con Henry Harris, nunha época en que a ceca estaba a producir un gran número de novos modelos de moedas de prata, de moitas das cales se ocupo persoalmente.[9] Logo do falecemento de Harris en 1704, Croker, foi nomeado como o seu sucesor no posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, o 17 de abril de 1705.[6][8][9]

Ao pouco da súa vinculación coa Casa da Moeda, Croker recibiu a confirmación do seu dereito a emitir moedas pola súa conta e de feito foi creador dun bo número delas; unha das máis salientables desta época foi a da coroación da raíña Ana en 1702. Como gravador xeral de moeda encargouse dos cuños para a maior parte das moedas a nome da raíña Ana e de Xurxo I, e tamén das de Xurxo II ata 1740.[8][9] A partir de 1729 contou para o seu labor coa colaboración dun gravador auxiliar, que o sucedería á súa morte: John Sigismund Tanner.[10]

Vida persoal

editar

John Croker casou en 1705 cunha muller da que se coñece que se apelidaba Franklin, con quen tivo unha única filla, que morreu na infancia.[11] A súa esposa finou en 1735, mais Croker gozou de boa saúde e seguiu facendo traballos de gravado ata os seus dous últimos anos. Faleceu aos 70 anos o 21 de marzo de 1741.[8][12]

Escolma de obras

editar

Moedas

editar

Medallas

editar
  1. "Medal. Museum number: M.8001". The British Museum.
  2. "Medal commemorating the Expedition to Vigo Bay 1702". Royal Collection Trust.
  3. "Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. Páxinas 173-176.
  4. "Queen Anne's Vigo Coins: Spanish Treasure and Stuart Propaganda". The Britannia Coin Company (Britanniacoincompany.com).
  5. Moedas coa inscrición VIGO. Numista.com
  6. 6,0 6,1 6,2 Pfister, J. G. (1852).
  7. Forrer, L. (1904). Páxina 472.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Wroth, W. W. "Croker, John". En Stephen, L.; Lee S. (1917). Páxinas 121-123
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Forrer, L. (1904). Páxina 473.
  10. Forrer, L. (1916). "Tanner, John Sigismund". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 14-15.
  11. Forrer, L. (1904). Páxina 474.
  12. Forrer, L. (1904). Páxina 475.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Henry Harris
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint)
1705 - 1741
Sucesor:
John Sigismund Tanner