Xoán Xurxo II de Saxonia

elector de Saxonia dende 1611 até 1656

Xoán Xurxo II de Saxonia (en alemán: Johann Georg II.), nado en Dresden o 31 de maio de 1613, e finado en Freiberg o 22 de agosto de 1680, foi duque de Saxonia e membro da Casa de Wettin.

Xoán Xurxo II de Saxonia
Johan Georg II Johann Fink, vor 1675.jpg
Nacemento31 de maio de 1613
Lugar de nacementoDresden
Falecemento22 de agosto de 1680
Lugar de falecementoFreiberg
SoterradoFreiberg Cathedral
NacionalidadeElectorado de Saxonia
Relixiónluteranismo
Ocupacióncoleccionista de arte
PaiXoán Xurxo I de Saxonia
NaiMadalena Sibila de Saxonia
CónxuxeMadalena Sibila de Brandemburgo-Bayreuth
FillosXoán Xurxo III de Saxonia, Erdemunda Sofia da Saxónia e Sybille Marie von Sachsen
IrmánsMauricio de Saxonia-Zeitz, Augusto de Saxonia-Weissenfels, Cristián I de Saxonia-Merseburgo, Madalena Sibila de Saxonia, Sofía Leonor de Saxonia e María Sabela de Saxonia
PremiosOrde da Xarreteira
Na rede
IMSLP: Category:Von_Sachsen,_Johann_Georg_II. WikiTree: Wettin-13 Find a Grave: 36064931 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era o terceiro (pero o maior que sobreviviu) dos fillos de Xoán Xurxo I de Saxonia e a súa segunda esposa Madalena Sibila de Prusia.

Sucedeu a seu pai como elector despois da súa morte o 8 de outubro do ano 1656.

O seu goberno estivo marcado polo renacemento da economía de Saxonia trala guerra dos Trinta Anos. Por mor dun interese persoal, contribuíu no nacemento de numerosas industrias e negocios para mellorar a economía do electorado (teas, carbón, vidro, entre outras). A prata extraída das proximidades volveu encher as arcas do estado e a acuñar novamente moeda. Incluso os bohemios exiliados contribuíron ó desenvolvemento da economía.

No ano 1657 fai un acordo cos seus irmáns a fin de evitar futuras disputas e divisións do ducado. O ano 1664 estabeleceu amizade con Luís XIV de Francia, isto levouno a enfrontarse duramente coa oposición dalgunhas faccións saxoas anti francesas, o que o empuxou a adherirse á política de Leopoldo I de Habsburgo, deixando de lado ó rei francés.

Os maiores intereses do elector non estaban na política, senón na música e a arte. Centrou a súa atención na súa cidade natal, Dresden, que baixo o seu goberno se converte no principal centro musical de Alemaña. Xoán Xurxo acolle na súa espléndida corte a músicos de todas partes do mundo e gañou axiña o título de mecenas.

As grandes sumas que o seu estado reportaba levárono o ano 1661 a revisar a política económica do electorado, que por outra banda tiña un desenvolvemento militar moi inferior a estados veciños como Bohemia ou Prusia.