Xoán Xurxo I de Saxonia
nobre alemán
Xoán Xurxo I (en alemán: Johann Georg I), elector de Saxonia, nado en Dresden o 5 de marzo de 1585 e finado ibídem o 8 de outubro de 1656, foi un elector de Saxonia, conde palatino de Saxonia e Margrave de Meissen e Misnia en 1611, e membro da Casa de Wettin.
Xoán Xurxo I de Saxonia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de marzo de 1585 |
Lugar de nacemento | Dresden |
Falecemento | 8 de outubro de 1656 |
Lugar de falecemento | Dresden |
Soterrado | Freiberg Cathedral |
Nacionalidade | Electorado de Saxonia |
Relixión | luteranismo |
Ocupación | militar |
Pai | Cristiano I de Saxe |
Nai | Sofia de Brandemburgo |
Cónxuxe | Sibylle-Élisabeth de Wurtemberg e Madalena Sibila de Saxonia |
Fillos | Sofía Leonor de Saxonia, María Sabela de Saxonia, Xoán Xurxo II de Saxonia, Augusto de Saxonia-Weissenfels, Cristián I de Saxonia-Merseburgo, Madalena Sibila de Saxonia, Mauricio de Saxonia-Zeitz, Christian Albert von Sachsen e Heinrich von Sachsen |
Irmáns | Sofia da Saxônia, Duquesa da Pomerânia, Dorothea von Sachsen, August von Sachsen e Christian II. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xoán Xurxo I foi fillo do elector de Saxonia Cristián I e de Sofía de Brandeburgo,[1] sucesor do seu irmán Cristián II.
Matrimonios e fillos Editar
Contraeu matrimonio en Dresde, en 1604, con Sibila Sabela de Wurtemberg (1584-1606), filla do duque Federico; matrimonio do cal non houbo descendencia.
Logo de enviuvar, casou o 19 de xullo de 1607 coa princesa Madalena Sibila de Prusia (Königsberg, 1587-1659), filla do duque Alberte de Prusia. Tiveron 9 fillos:
- Sofía Leonor (Dresde, 1609-1671). Casada con Xurxo II de Hesse-Darmstadt.
- María Sabela (Dresde, 1610-Husum, 1684). Casada co duque Federico III de Oldemburgo, duque de Schleswig-Holstein-Gottorp.
- Cristián (nado e morto en 1612).
- Xoán Xurxo II (1613-1680), elector de Saxonia.
- Augusto (Dresde, 1614-1680), Duque de Saxonia-Weissenfels, fundador da Casa de Saxonia-Weissenfels, extinta en 1746.
- Cristián I (Dresde, 1615- Merseburgo, 1691). Duque de Saxonia-Merseburgo en 1657, fundador da Casa de Saxonia-Merseburgo, extinta en 1738.
- Madalena Sibila (Dresde, 1617- Altenburgo, 1668).
- Mauricio (Dresde, 28 de marzo de 1619- 4 de decembro de 1681, Moritzburg an der Elster).[1] Duque de Saxonia-Zeitz en 1657 e fundador da Casa de Saxonia-Zeitz. Casou coa princesa Sofía Eduviges de Holstein-Glucksburg (1630-1652), filla de Filipe, duque de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, tendo dous descendentes, e despois coa princesa Dorotea María de Saxonia-Weimar, filla do duque Guillerme. Tivo 10 descendentes. Casou por terceira vez coa princesa Sofía Sabela de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Wiesenburg (1653-1684), filla do duque Filipe. Tiveron 12 fillos.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Chisholm 1911, p. 459.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Xurxo I de Saxonia |
Bibliografía Editar
- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "John George I". Encyclopædia Britannica. 15 (11th ed.). Cambridge University Press. p. 459.