Johan Ferrández d'Heredia

Johan Ferrández d'Heredia, nado en Munébrega cara a 1310 e finado en Avignon en 1396, foi un escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Johan Ferrández d'Heredia
Nacemento1310
Lugar de nacementoMunébrega
Falecemento1396
Lugar de falecementoAviñón
NacionalidadeReino de Aragón
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmonge guerreiro e freire
IrmánsBlasco Fernández de Heredia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Membro da nobreza, seu pai fora lugartenente do mordomo da infanta Leonor. Casou dúas veces e tras a morte da súa segunda esposa entrou na orde do Hospital, en 1345 accedeu a castelanía de Amposta, a máis alta dignidade da orde na Coroa de Aragón. En 1356 aséntase en Aviñón, chegando a ser gobernador da cidade gañándose o favor dos diferentes papas. En 1376 acompañou ao papa Gregorio XI a Roma preludiando a fin da etapa papal de Aviñón. O 24 de setembro de 1377 foi investido Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén. En 1377 preparou unha expedición militar contra Morea pero foi capturado no golfo de Arta e vendido aos turcos que o liberan tras o pago dun importante rescate.

Johan Ferrández d'Heredia foi un home culto, amigo de reis e papas, cunha grande inquietude cultural e como fixera Afonso X de Castela organizou unha escola de tradutores en Aviñón para traducir a unha lingua vulgar obras clásicas así como realizar un labor historiográfico, a lingua que se utilizou foi a propia de Johan, o aragonés, por veces nunha forma moi pura pero outras moi castelanizado, quizais polo traballo dos copistas non aragoneses.

Obras saídas do obradoiro de Heredia editar

  • Grant Crónica de Espanya, obra historiográfica, compilación de diversos materiais tanto medievais como clásicos, dividida en tres partes, non se conserva a segunda, emprega aínda materiais míticos como era o costume na Idade Media pero desbota as lendas e cantares de xesta.
  • Crónica de los Conquiridores, abrangue a historia universal a través dos grandes conquistadores, de Hércules a Xaime I de Aragón
  • Libro de los fechos et conquistas de Morea, abrangue de 1197 ata 1377, baseada principalmente nunha crónica anónima da conquista francesa de Morea.
  • Libro de los Emperadores, conxunto de referencias sobre os emperadores gregos.
  • Flor de las Ystorias d'Orient, consta de dúas partes na primeira trata da historia e costumes de Oriente e na segunda da Terra Santa
  • Libro de Marco Polo, tradución do libro de viaxes de Marco Polo
  • Rams de Flores, conxunto de sentenzas morais para príncipes e gobernantes
  • Secreto de los Secretos, consello para o goberno de reis, versión de Secreta Secretorum, obra pseudoaristotélica
  • Vidas paralelas, versión da obra de Plutarco.
  • Eutropio
  • Historia de Orosio, tradución da Historiarum adversos paganos de Orosio, non se conserva
  • Cartulario Magno, recolle en 6 volumes material sobre a orde de San Xoán de Xerusalén.
  • Historia da guerra do Peloponeso, tradución da obra de Tucídides