Golfo de Arta
O Golfo de Arta, tamén coñecido como Golfo de Ambracia ou Golfo de Accio (en grego, Αμβρακικός κόλπος, Amvrakikós kólpos; en latín Sinus Ambracium) é un golfo no mar Xónico, no noroeste de Grecia, que forma unha profunda incisión na costa.
O golfo, duns 40 km de longo e 15 km de largo está case totalmente pechado e non ten máis que unha pequena abertura ao mar, un paso estreito de 700 m de largo, entre Arta (Accio) ao sur, e Préveza, ao norte, cidades que están hoxe conectadas por un túnel.
Está delimitado polos promontorios de Préveza e Accio, e nas súas costas sitúanse as cidades de Préveza, Arta, Anfiloquía (a antiga Karvassaras) e Vonitsa. É pouco profundo e as súas costas están reberetadas por numerosas marismas, gran parte delas nos estuarios dos ríos Louros e Aractos (ou Arta). Por iso, e por estar tan pechado, é máis cálido e menos salgado que o mar Xónico, sendo rico en linguados e anguías
O golfo toma o seu nome da antiga cidade de Arta situada preto das súas costas. O seu nome alternativo provén da cidade antiga de Ambracia.
Desde a independencia grega (Tratado de Constantinopla, 1832) até a segunda guerra balcánica (Tratado de Bucarest, 1913), o golfo formou parte da fronteira entre o Reino de Grecia e o Imperio Otomán. Restos de numerosas cidades antigas encóntranse nas súas Beiras: Actium na entrada, Nicópolis, fronte a ela, Argos Ippatum, Limnaea e Olpae.
Na entrada do golfo librouse a famosa batalla de Accio o ano 31 a.C.
Notas
editar- James Wolfe, "Observations on the Gulf of Arta, Made in 1830" Journal of the Royal Geographical Society of London 3:77-94 (1833) at JSTOR (en inglés)