Xoán III de Portugal

político portugués
(Redirección desde «João III de Portugal»)

Xoán III de Portugal, alcumado O Piadoso ou O Pío dada a súa devoción relixiosa, nado o 7 de xuño de 1502 e finado o 11 de xuño de 1557, foi Rei de Portugal. Sucedeu en 1521 ó seu pai, D. Manuel I, morto no auxe do seu poder aos 52 anos de idade, que reinou durante 26 anos.

Modelo:BiografíaXoán III de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1502 Editar o valor en Wikidata
Castelo de San Xurxo de Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1557 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Pazo da Ribeira, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecardioplegia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
13 de decembro de 1521 – 11 de xuño de 1557
← Manuel I de PortugalSebastián I de Portugal →
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Piedoso Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina de Austria (1525, 1525 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosDuarte de Portugal, arcebispo de Braga, Afonso, Príncipe de Portugal (1526), Maria Manuela, Princesa de Portugal, Manuel, Príncipe de Portugal, Filipe, Príncipe de Portugal, Dinis, Infante de Portugal, João Manuel, Príncipe de Portugal, António, Infante de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e María de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria de Portugal, Duquesa de Viseu
Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Beatriz de Portugal, Duquesa de Saboia
Fernando de Portugal, Duque da Guarda
Henrique I de Portugal
Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães
Luís de Portugal, Duque de Beja
Miguel da Paz
Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata
ParentesFernando II de Aragón, avó materno
Isabel I de Castela, avoa materna Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Contemporaries of Erasmus (vol. 2) (en) Traducir, (p.240-241)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMSLP: Category:João_III,_Dom WikiTree: Aviz-27 Find a Grave: 9705538 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ascendeu ao trono cando Portugal posuía cidades fortificadas no Norte de África e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, India, Malaisia, Illas do Pacífico e posiblemente Australia, a China e o Brasil. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, Diu, Mumbai, Baçaim e Macau.

Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao Xapón sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono dalgunhas cidades fortificadas en Marrocos, como Safim, Azamor, Arzila, Aguz e Alcácer-Ceguer, debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife musulmáns. Coa Inglaterra intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e Flandres.

Xoán preocupouse efectivamente co pleno dominio do Brasil, que dividiu en Capitanías-donativos, as coñecidas Capitanías hereditarias, establecendo un goberno nacional en 1548.

Houbo sen dúbida un aire de renovación cultural no seu reinado, preponderante na afirmación do renacemento portugués. Na literatura aparece o poeta máis coñecido mundialmente Luís de Camões, así como Garcia de Resende, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e João de Barros. Na náutica xurdiu Pedro Nunes, na botánica Garcia de Orta, na arquitectura Francisco de Holanda, Miguel de Arruda e Xoán de Castillo. Outros nomes foron Luís Vives, André de Resende, Damião de Góis, Xoán de Rouen e Nicolás Chanterrene. Erasmo dedicoulle unha das súas obras e o rei tería pensado desde o contratar a profesor da nova universidade de Coímbra, creada en 1537. Foi no seu reinado que se crearon bolsas de estudo no estranxeiro e o Colexio das Artes.

Xoán III era, con todo, moi relixioso, o que o tornou dócil diante do poder da igrexa e permeable á introdución da Inquisición en 1536, pois o movemento luterano era xa unha realidade europea. As consecuencias sociais foron desastrosas, pois provocou inseguridade nos cristiáns novos, obrigando ao exilio a moitos comerciantes xudeus, facendo que os recursos fosen financiados con empréstitos estranxeiros.

Sucedeulle o seu neto, D. Sebastián, xa que ningún dos seus fillos sobreviviu á súa morte.

 
O Imperio portugués durante o reinado de Xoán III
Rei de Portugal

Segue a:
Manuel I de Portugal
Xoán III de Portugal
Precede a:
Sebastián I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa