Garcia de Resende
Garcia de Resende, nado en Évora en 1470 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1536, foi un poeta, cronista, músico, pintor e arquitecto portugués.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1470 (Gregoriano) Évora, Portugal |
Morte | 3 de febreiro de 1536 (Gregoriano) (65/66 anos) Évora, Portugal |
País de nacionalidade | Portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | poeta, diplomático, secretario, escritor, arquitecto, historiador, cantante |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarFillo de Francisco de Resende, fidalgo da corte de Afonso V de Portugal, "criado" do bispo da diocese de Évora Garcia de Meneses, a quen Xoán II de Portugal doou o 28 de xuño de 1484 unha Herdade no termo de Évora, e da súa muller Beatriz Boto, que viviu en dita vila.[2]
En 1490 era mozo da cámara de Xoán II (1481-1495), e o ano seguinte o seu moço de escrevaninha ou secretario particular, cargo que exercía aínda en Alvor, onde o soberano veu a falecer.[3] Cóubolle ser designado secretario-tesoureiro da fastosa embaixada liderada por Tristão da Cunha, enviada por Manuel I (1495-1521) ao papa León X. Os últimos anos de vida pasounos en Évora, onde era propietario.
Como moitos homes do Renacemento, Garcia de Resende tiña moitas facetas: trobaba, tanxía, deseñaba e pénsase que era entendido en arquitectura militar.
Algúns historiadores considérano o iniciador do ciclo dos Castros, pois as súas trobas referentes á morte de Inés de Castro son o máis antigo documento poético coñecido versando sobre o asunto. Escribiu a Miscelânea en redondillas, curiosa anotación de personaxes e de acontecementos, nacionais e europeos. Nesa obra atribúe en versos a Gil Vicente a innovación da comedia de costumes en Portugal, cando o teatro da época se limitaba a ser un mixto de teatro litúrxco e teatro pastoril, conforme afirma Clovis Monteiro que transcribiu o seguinte fragmento da citada obra e no cal é tamén citado Juan del Encina:[4]
- "E vimos singularmente
- Fazer representações
- D'estilo mui eloquente,
- De mui novas invenções,
- E feitas por Gil Vicente,
- Ele foi o que inventou
- Isto cá, e o usou
- Com mais graça e mais doutrina,
- Posto que Joam del Enzina
- O pastoril começou."
Mais o que tornou Resende coñecido foi o Cancioneiro Geral, publicado en 1516, que reuniu as composicións poéticas producidas nas cortes de D. Afonso V (1438-81), D. João II e D. Manuel I,[5] téndolle redactado un prólogo dedicado ao príncipe D. João e composto as corenta e oito trobas con que encerra a obra.
Foi sepultado en campa armoriada con brasón e timbre dos de Resende, en Capela que instituíu en 1520 na cerca do Convento do Espinheiro, en Évora.
En 1933 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na Calzada de Carriche.
Obras
editar- Cancioneiro Geral: cum preuilegio/ foy ordenado e eme[n]dado por Garcia de Resende fidalguo da casa de Rey nosso señor e escriuam da fazenda do principe, Lisboa, Hernãn de Cãmpos, 1516
- Breue memorial dos pecados & cousas que pertenc[em] ha cõnfissa[m]/ hordenado por Garcia de Resende fidalguo da casa del Rei nosso señor, Lisboa, Germão Gaillarde, 1521;
- O sermão dos três reis magos (1536)
- Vida e Feitos del-rei D. João II (1545)
- Chronica de El Rei D. João II, Lisboa, Luís Rodrigues, 1545.
- Miscelânea e variedade de histórias (1554)
Notas
editar- ↑ Enciclopédia Barsa. Volume 13. (en portugués). Editora Encyclopaedia Britannica Consultoria Editorial Ltda. 1994.
- ↑ "Garcia de Resende - Portugal, Dicionário Histórico.". www.arqnet.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o 2020-03-22.
- ↑ "Garcia de Resende". dbe.rah.es/. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ Monteiro, Clóvies (1961). Esboços de história literária - Livraria Acadêmica - Rio de Janeiro - 1961 - pg. 18 (en portugués). Rio de Janeiro: Livraria Acadêmica.
- ↑ "Garcia de Resende - biografia". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-03-22.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abranches de Soveral, Manuel; Lamas de Mendonça, Manuel (2008): Ensaio sobre a orixe dos Resende / Sodré, separata da revista Armas e Trofeos, IX serie, xaneiro / decembro de 2008.
- Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Oporto.
Ligazóns externas
editar- Crónica dos valerosos e insignes feitos de El-Rei Don Joam II..., de 1752, na Biblioteca Nacional de Portugal
- Cancioneiro Xeral, de Garcia de Resende