Abrir o menú principal

Jeff Adrien

baloncestista estadounidense

Jeffrey "Jeff" Adrien, nado en Naples (Florida) o 10 de febreiro de 1986, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que actualmente xoga no Bnei Herzliya da Ligat ha'Al. Xogou en Galicia para o Club Baloncesto Breogán na Liga LEB, procedente da Universidade de Connecticut, onde era o capitán do equipo. Despois dunha tempada en Lugo[1] foi invitado ao campus de baloncesto dos Golden State Warriors, pasando finalmente a formar parte do seu cadro de xogadores. Posteriormente, alternando diferentes etapas na NBA, xoga tamén en diferentes equipos de todo o mundo. Cunha altura de 2,01 metros, pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Jeff Adrien
Jeff Adrien.jpg
Bnei Herzliya  – No. 0
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 10 de febreiro de 1986 (33 anos)
Flag of the United States.svg Brookline, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 106 kg (233 lb)
Información da carreira
Instituto Brookline HS (Massachusetts)
Brewster A. (New Hampshire)
Universidade Connecticut (2005–2009)
Pre-draft club Club Baloncesto Breogán
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
UConn Huskies (2005−2009)
Breogán Lugo (2009−2010)
Golden State Warriors (2010)
Erie BayHawks (2010)
Rio Grande Valley Vipers (2010)
Golden State Warriors (2010−2011)
Benetton Treviso (2011)
Houston Rockets (2011−2012)
BC Khimki (2012)
Rio Grande Valley Vipers (2012)
Charlotte Bobcats (2012−2014)
Milwaukee Bucks (2014)
Minnesota Timberwolves (2014−2015)
Guangdong Southern Tigers (2015−2016)
Bnei Herzliya (2016−presente)

TraxectoriaEditar

InstitutoEditar

Adrien acudiu ao Instituto Brookline en Massachusetts. Destacou no seu ano "sophomore", cando o equipo de Brookline chegou a disputar a final do campionato estatal. Como "sénior", o equipo de Adrien acadou de novo a final campionato estatal. Despois da súa graduación en 2004, Adrien acudiu á Academia Brewster, en Nova Hampshire por realizar un ano de posgrao, xogando na Amateur Athletic Union, antes de entrar na Universidade de Connecticut cunha bolsa de estudos integral.

UniversidadeEditar

Adrien xogou de ala-pivote para os UConn Huskies. Na tempada 2007-2008 da NCAA Adrien foi nomeado para o Mellor quinteto da Big East Conference, liderando ao equipo en puntos (14,8) e rebotes (9,7). Como capitán do equipo na tempada de 2008-2009, Adrien fixo medias de 13,7 puntos e 10 rebotes por partido, facendo un dobre-dobre de media. En 2009, o Huskies clasificáronse para a Final Four de NCAA, perdendo contra os Michigan State Spartans. Adrien rematou a súa carreira universitaria con máis de 1.600 puntos e 1.100 rebotes, tornándose no o segundo "husky" en conseguilo.

ProfesionalEditar

Adrien non foi seleccionado no NBA Draft de 2009, asinando co Club Baloncesto Breogán de Lugo. Durante o verán xogou nas ligas de verán dos New Jersey Nets e dos Philadelphia 76ers e no equipo dos Memphis Grizzlies na Vegas Summer League. Despois da súa marcha de Lugo pasou a formar parte dos Golden State Warriors da NBA, cos que xogou vinte e tres encontros, chegando a conseguir algunha vez dobres figuras (máis de 10 puntos e 10 rebotes nun encontro). Xogou o seu último encontro o 8 de decembro, sendo cortado do equipo para incorporar a Acie Law. Con todo, o 24 de febreiro de 2011 volvería ao equipo de Oakland.

O 21 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Houston Rockets, pero foi cortado o 8 de febreiro de 2012.[2] En outubro de 2012, Adrien fichou polos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[3] O 9 de decembro de 2012, fichou polos Charlotte Bobcats, onde se reuniu co seu antigo compañeiro de Connecticut, Kemba Walker.[4] O 20 de febreiro de 2014, Adrien foi traspasado xunto a Ramon Sessions ós Milwaukee Bucks a cambio de Gary Neal e Luke Ridnour.[5] O 29 de novembro de 2014, asinou cos Minnesota Timberwolves.[6] Tras finalizar o seu contrato, Adrien muda de competición e asina cos Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association (CBA). Tras permanecer a China un ano, en 2016 asina co Bnei Herzliya da Ligat ha'Al de Israel.

NotasEditar

  1. "Men's Basketball: Jeff Adrien". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 14 de maio de 2010. 
  2. Adrien goes from "player of the game" to waived
  3. "Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2014. 
  4. "Bobcats sign Adrien". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2014. 
  5. Bucks Acquire Guard Ramon Sessions and Forward Jeff Adrien From Bobcats
  6. Timberwolves Sign Jeff Adrien

Véxase taménEditar