James P. Kimball

xeólogo estadounidense, director da US Mint

James Putnam Kimball, nado en Salem, Massachusetts, o 26 de abril de 1836 e finado en Cody, Wyoming, o 23 de outubro de 1913, foi un enxeñeiro de minas, xeólogo e metalúrxico estadounidense, que ocupou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1885 e 1889.

Infotaula de personaJames P. Kimball
Biografía
Nacemento26 de abril de 1836 Editar o valor em Wikidata
Salem, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1913 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Cody, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Harvard School of Engineering and Applied Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro e alto funcionario.
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKimball Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación e vida académica editar

Logo de cursar o ensino secundario en Salem, Massachusetts, a súa cidade Natal, James P. Kimball iniciou os seus estudos superiores en 1854 na Lawrence Scientific School da Universidade Harvard.[1] No verán do ano seguinte trasladouse a Alemaña, para proseguir os seus estudos na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Gotinga,[2] onde se doutorou no outono de 1857.[3] Con posterioridade realizou un curso práctico de Minaría e Metalurxia na Universidade de Freiberg, en Saxonia.[4]

Logo da súa etapa de estudos en Europa, que completou cunha visita a Inglaterra, Kimball retornou aos Estados Unidos e traballou como axudante do profesor de Xeoloxía da Universidade Harvard Josiah Whitney. Alí participou en 1859 nos estudos xeolóxicos das rexións mineiras de chumbo de Wisconsin, de Illinois e do sueste de Iowa.[1]

Despois, cando se fundou o New York State Agricultural College[3] (máis tarde integrado na Universidade Cornell), Kimball ocupou unha praza de profesor de Química e Xeoloxía Económica.[1][2][4]

Carreira militar editar

Co inicio da guerra civil estadounidense en 1861, o presidente do Agricultural College, o maior M. R. Patrick, foi nomeado xeneral da brigada de voluntarios e Kimball converteuse no seu xefe de persoal, co rango de capitán,[1] e participou en sete batallas entre 1862 e 1863. Cando o xeneral de brigada Patrick foi nomeado membro da policía militar do Exército do Potomac, o Kimball acompañouno e serviu no Estado Maior.[4]

editar

Cando o exército entrou en cuarteis de inverno, Kimball renunciou á súa carreira militar para retomar a súa dedicación á enxeñaría de minas na cidade de Nova York en 1864.[4] Durante as décadas de 1860 e 1870 investigou en minas de carbón e de ferro en Pensilvania, e en minas de prata en Chihuahua, México, así como no oeste de Texas e de Utah. Tamén fixo informes sobre o deseño de plantas, baseándose na práctica metalúrxica europea que el coñecera durante a súa etapa de formación.

Logo do seu matrimonio en 1874, trasladouse a Bethlehem, Pensilvania, onde exerceu como profesor honorario na Universidade de Lehigh ata 1885,[3] aínda que mantiña o seu despacho de enxeñaría en Nova York.[1][4]

Kimball foi un dos primeiros xeólogos estadounidenses en inspeccionar minas e escribir sobre os recursos minerais de Cuba e de Suramérica.[2] Tamén foi un dos primeiros membros do Instituto Americano de Enxeñeiros de Minas, no que ocupou a vicepresidencia entre 1881 e 1882. No ámbito empresarial chegou a ser presidente da Everett Iron Company,[1] que xogou un papel importante no desenvolvemento de minas no condado de Bedford, Pensilvania, entre 1883 e 1884.[4]

A faceta científica de Kimball deixou a súa pegada en publicacións como o American Journal of Science, e varios dos seus traballos apareceron nas actas do Instituto Americano de Enxeñeiros de Minas.[4]

Director da Casa da Moeda dos EEUU editar

En 1885, o presidente dos Estados Unidos Grover Cleveland nomeou a James P. Kimball como novo director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que desempeñou entre xullo de 1885 e outubro de 1889.[3] Kimball foi autor dun informe no que criticaba a calidade das cuñaxes, que levou a mellorar os equipamentos da Casa da Moeda. Tamén formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos entre 1895 e 1911, nomeada polo presidente do país para garantir a calidade das cuñaxes.[3]

Vida familiar editar

James P. Kimball casou con Mary Elizabeth Farley o 22 de xullo de 1874 en Cambridge, Massachusetts, con quen dúas fillas e un fillo.[3]

Durante as décadas de 1890 e 1900 retomou a súa actividade como consultor en Nova York e nos seus últimos anos trasladouse a Red Lodge, Montana, onde se instalou xunto coa familia do seu fillo.

Kimball morreu en Cody, Wyoming, o 23 de outubro de 1913. Logo do seu pasamento, a prestixiosa publicación Mining & Scientific Press, de San Francisco, cualificouno como "un dos xeólogos mineiros pioneiros dos Estados Unidos América", autor dun "traballo honorable e limpo".[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 147.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Obituary: J. P. Kimball". En Mining & Scientific Press. 1 de novembro de 1913. Páxina 702.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Smith, P. (2012). Páxina 211.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Evans, G. G. (1892). Páxina 93.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Horatio C. Burchard
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1885-1889
Sucesor:
Edward O. Leech