J. J. Redick

baloncestista estadounidense
(Redirección desde «JJ Redick»)

Jonathan Clay "J.J." Redick, nado o 24 de xuño de 1984 en Cookeville, Tennessee, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Mide 1,93 metros e xogaba de escolta.

J. J. Redick
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 24 de xuño de 1984 (39 anos)
Cookeville, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Cave Spring (Roanoke, Virginia)
Universidade Duke (2002–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Orlando Magic
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Orlando Magic (2006–2013)
Milwaukee Bucks (2013)
Los Angeles Clippers (2013–2017)
Philadelphia 76ers (2017–2019)
New Orleans Pelicans (2019–2021)
Dallas Mavericks (2021)

Carreira editar

Instituto editar

Redick acudiu ao Roanoke, Virxinia. Acabou a súa traxectoria no instituto como o máximo anotador na historia da AAA de Virxinia con 2.215 e liderou ao equipo ao campionato estatal con 41 puntos na final. Tamén se coroou como gañador do concurso de triplos do McDonald's All-American.

Universidade editar

Redick pasou 4 tempadas na Universidade de Duke onde se converteu nunha lenda universitaria. Estivo desde 2000 até 2006, e nese período converteuse no máximo anotador na historia da Central Michigan. No partido polo campionato da ACC anotou 30 puntos na vitoria ante North Carolina State.

 
J.J. Redick con Duke.

No seu ano sophomore, en 2003-04, Redick alcanzou a Final Four tras vencer a Xavier na final rexional, con todo, quedaron ás portas despois de caer en semifinais ante UConn Huskies 79-78. Fixo 15,9 puntos, 3,1 rebotes e 1,6 asistencias por partido. Superou o seu propio récord de tiros libres anotados consecutivamente con 54, cifra récord na Atlantic Coast Conference.

Durante o seu ano júnior, co-capitaneou o equipo xunto á base Daniel Ewing, e tras ter unha media de 21,8 puntos gañouse o Premio Adolph Rupp (superando a Andrew Bogut, quen levou o Universitario do Ano), un trofeo recibido polo mellor xogador de baloncesto masculino da División I da NCAA. Está considerado como un dos premios máis importantes do baloncesto universitario. Tamén logrou o título de Xogador do Ano na Atlantic Coast Conference. Con Duke caería en semifinais rexionais ante Michigan State.

En 2006 fixo historia logrando no seu ano sénior os catro premios máis importantes do baloncesto universitario a nivel xeral: O Universitario do Ano (ou Naismith College Player of the Year), o Premio John R. Wooden, o Oscar Robertson Trophy e o Premio Adolph Rupp (só dous xogadores lograron este trofeo máis de dúas veces, Ralph Sampson e Bill Walton), ademais do título de Xogador do Ano na ACC. Acabou a tempada cunhas medias de 26,8 puntos, 2 rebotes e 2,6 asistencias. Con 964 puntos, quedou a seis puntos do récord de anotación nunha tempada na ACC que ostenta Dennis Scott desde 1990.

Fixo unha media durante esas catro campañas de 19,9 puntos cunhas porcentaxes do 40m6 en triplas e do 91,2 en tiros libres. Con 2.769 converteuse no máximo anotador na historia de Duke, da Atlantic Coast Conference e do seu torneo, con 225, superando os 220 de Len Chappell (1960-62). J.J. Redick foi membro en 2003 do equipo júnior que gañou o Mundial, e en 2005 tamén estivo coa selección sub'21 gañando o Mundial e os Global Games. O 4 de febreiro de 2007 no Cameron Indoor Stadium, Duke retirou o seu número 4 nunha cerimonia especial, converténdose no décimo terceiro xogador en que a universidade lle retira o dorsal.

NBA editar

Redick foi elixido por Orlando Magic no posto 11 do draft de 2006. Anteriormente durante os campos pre-draft rumoreábase que seria elixido entre as primeiras seis posicións, mais unha lesión nas costas baixou consideradamente as súas probabilidades. A pesar da boa fama gañada na universidade logrando premios e sendo considerado como unha dos mellores xogadores brancos cara ao futuro xunto a Adam Morrison, en Orlando non contou co beneplácito de Brian Hill. Fixo 6 puntos e 1,2 rebotes en 14,8 minutos de media, tendo o seu mellor rendemento no mes de febreiro, onde tivo unha media de 9 puntos, facendo 16 a San Antonio Spurs, a súa mellor marca como novato. En playoffs tivo que esperar a debutar no cuarto partido fronte a Detroit Pistons, onde anotou 3 puntos. En 2007 pediu o traspaso pero negóuselle baixo a escusa de que o equipo ía ben encamiñado cara aos play off.

Na tempada 2008-2009, Redick consegue por primeira vez ser titular, logrando números aceptables, aos poucos vai gañando a confianza do seu adestrador, quen o usaría na etapa final dos play off, sendo unha figura importante saíndo do banco. Na tempada 2009-2010, Redick xa goza da confianza do seu equipo e adestrador, sendo el o substituto de luxo para Vince Carter, e tamén sendo titular durante lesións deste.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar