Adam Morrison

baloncestista estadounidense

Adam John Morrison, nado o 19 de xullo de 1984 en Glendive, Montana, é un antigo xogador norteamericano de baloncesto profesional. Foi dúas veces campión da National Basketball Association (NBA) con Los Angeles Lakers.

Adam Morrison
Posición Ala
Dorsal 35, 6, 33
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Nacemento 19 de xullo de 1984 (39 anos)
Glendive, Montana
Carreira
Universidade Gonzaga (2003–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Charlotte Bobcats
Tempadas 20062012
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     1 200 (7,5 pp)
Rebotes     342 (2,1 pp)
Asistencias     222 (1,4 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Carreira editar

Instituto editar

O pai de Adam Morrison é o exadestrador de baloncesto John Morrison, e a súa familia tivo que estar a se mudar con el durante a súa carreira como técnico. Estivo en Casper College de Casper, Wyoming, na Universidade Dakota Wesleyan en Mitchell, Dacota do Sur e en Dawson Community College en Glendive, Montana. Cando Adam estaba en cuarto grao, o seu pai deixou de adestrar e a familia mudouse a Spokane, Washington. En oitavo, Adam perdeu catorce quilos e nun dos campus de baloncesto de Gonzaga comezou a sentirse enfermo. En palabras súas, non podía facer nada. Morrison estaba no correcto, despois disto, diagnosticáronlle diabetes tipo 1. Morrison encaixou o seu diagnostico de maneira moi optimista e positiva, o cal lle axudou moito. A súa enfermidade non supuxo ningún tipo de impedimento no seu camiño por converterse nunha estrela no mundo do baloncesto, e xa empezaba a dar acenos diso no Instituto Mead, en Spokane.

Na súa tempada sénior, bateu os récords de anotación tanto nunha campaña como na historia total do instituto, liderándoos, ademais, á final estatal. A pesar de xogar a final con hipoglicemia foi capaz de anotar 37 puntos que non valeron para dar a vitoria ao seu equipo. Esa foi a única derrota de Mead na tempada. Desde o final da súa tempada júnior xa estaba apalabrado coa Universidade de Gonzaga.

Diabetes editar

Adam padece diabetes tipo 1, que provoca o cesamento da produción de insulina no corpo. É unha disfunción do sistema inmunolóxico que desactiva as células beta do páncreas, as produtoras de insulina; a hormona que axuda a converter a glicosa en enerxía. Cunha dieta sa e revisións periódicas, a cousa irá como unha seda. Ademais a súa boa mentalización e o practicar deporte, supoñen a mellor cura para a enfermidade.

Universidade editar

Morrison chegou á Universidade de Gonzaga en 2003, aquela tempada (2003-04) como "freshman" presentouse alentadora, 11.4 puntos por encontro facían caber moitas esperanzas ao redor deste xogador. Foi incluído no Mellor Quinteto Freshman da West Coast Conference. Como "sophomore" mellorou, como era previsible, as súas prestacións. Do quinteto freshman pasou ao quinteto da WCC, ademais da honorable mención All-American. Todo isto, mercé aos seus 19 puntos, 5.5 rebotes e 2.8 asistencias por encontro cos que deleitou. Con todo, ao equipo faltáballe un hervor para chegar máis lonxe na NCAA. Caeron en 2ª rolda ante a Universidade de Texas Tech.

O seu ano "júnior" foi a consagración dun aleiro que apuntaba moi alto. Empezou a 2005-06 de maneira impresionante. Nos dous primeiros partidos de Gonzaga no Maui Invitational, un dos torneos universitarios máis prestixiosos que se disputa en pretemporada. En 1ª rolda, Morrison anotou 25 puntos fronte a Maryland. En semifinais fíxolles 43 puntos a Michigan State. Na final perderon 65-63 fronte a UConn e Adam levou o MVP. En liga regular fixo 13 partidos de 30 ou máis puntos, con 5 encontros por encima dos 40. O 18 de febreiro Morrison callou o seu mellor partido en anotación, facendo 44 puntos a Loyola Marymount Lions con 37 na 2ª parte. Tivo unha media de 28,1 puntos (1º), 5.5 rebotes e 1.8 asistencias por partido. Pero o maior pau sufriuno no torneo NCAA, onde caeron en semifinais no cadro de Oakland, despois de desperdiciar unha vantaxe de 17 puntos ante UCLA nun encontro que pasará á historia da Universidade. Con 3:26 para o final, Gonzaga vencía de 9 puntos. Adam Morrison levou, xunto co seu amigo J.J. Redick, o trofeo Óscar Robertson Trophy ao Xogador do Ano, ademais de levar outro galardón similar patrocinado por Chevrolet. Foi finalista do Premio Naismith e do Premio John R. Wooden, ambos os conseguidos por J.J. Reddick. Era o momento de dar o salto á NBA.

NBA editar

Morrison foi elixido por Charlotte Bobcats (cuxo director de operacións é Michael Jordan, é máis, esta foi a súa primeira decisión) no posto 3 do draft de 2006, por detrás de Andrea Bargnani (Toronto Raptors) e de LaMarcus Aldridge (Chicago Bulls). O 6 de xullo de 2006, os Bobcats asinaron un contrato de 2 anos a Morrison. O 1 de novembro de 2006 fixo o seu debut na liga fronte a Indiana Pacers asinando 14 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias. O seu tope en puntos conseguiuno o 30 de decembro de 2006 con 30 fronte aos Pacers.

A tempada de Morrison foi de máis a menos, empezou o primeiro mes de competición cunha media de 15,3 puntos (con malas porcentaxes, iso foi a tónica da tempada), 2,9 rebotes e 2,1 asistencias e levándose o premio de rookie do mes. En decembro, xaneiro e febreiro mantívose ao redor dos 12 puntos, pero aos poucos perdendo protagonismo en detrimento de Walter Herrmann. Acabou o seu ano rookie con 11,8 puntos, 2,9 rebotes e 2,1 asistencias. Foi incluído no 2º quinteto e participou no Rookie Challenge do All Star 2007 en Las Vegas. O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado xunto con Shannon Brown a Los Angeles Lakers a cambio de Vladimir Radmanović.[1] No verán de 2010 asinou cos Washington Wizards, aínda que foi despedido antes de debutar.

Europa editar

En setembro de 2011, Morrison fichou polo KK Crvena zvezda.[2] Foi liberado do seu contrato en novembro de 2011 para buscar outras oportunidades.[3] Durante os seus oito partidos en Belgrado, Morrison fixo 15.5 puntos, 3.1 rebotes e 1.5 asistencias en 29 minutos por partido.

En xaneiro de 2012, asinou co Beşiktaş Milangaz para o resto da tempada 2010-11.[4] Deixou o equipo en abril de 2012 debido á falta de tempo de xogo.[5]

USA Basketball editar

Morrison acumula catro internacionalidades con equipos júnior da selección de baloncesto dos Estados Unidos, mais aínda non debutou coa absoluta. Foi seleccionado para a preparación do Mundial do Xapón 2006, pero foi un dos descartes do equipo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar