Beşiktaş J.K. (baloncesto)

O Beşiktaş Basketbol é un equipo de baloncesto turco que actualmente compite na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría deste deporte en Turquía, e na Eurocup. O equipo ten a súa sede en Istambul e pertence á sociedade deportiva Beşiktaş Jimnastik Kulübü. Disputa os seus partidos no Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16.500 espectadores.

Beşiktaş Basketbol
Información xeral
Liga BSL / BCL
Fundación 1933
Cores           Negro, branco
Presidente Fikret Orman
Adestrador Cengiz Üçyürek
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Istambul, Turquía
Pavillón BJK Akatlar Arena
Capacidade 3.200
Inauguración 23 de abril de 2010
Campionatos
EuroChallenge 1 (1975, 2012)
Liga 2 (1975, 2012)
Copa 1 (2012)
Supercopa 1 (2012)
bjk.com.tr

Historia editar

A sección de baloncesto do club creouse en 1933, desaparecendo en 1936 para regresar en 1940. O seu maior éxito conseguiuno en 1975, gañando por primeira e única vez a Liga Turca. En 1988 descende a segunda división, mais recuperou a súa praza na primeira categoría ao ano seguinte. En 1997 volve descender, mais debido aos problemas económicos do equipo Yildrimspor, consegue manter a categoría.[1]

Nos últimos anos, os seus mellores resultados obtívoos en 2005, cando chegou á final da liga, sendo derrotado polo Efes Pilsen S.K.,[2] e en 2008, cando acabou líder da liga regular, caendo en semifinais finalmente ante o Turk Telecom.[3]

Palmarés editar

Campeticións europeas editar

EuroChallenge

  • Campións (1): 2012

Competicións domésticas editar

Liga De Turquía

  • Campións (2): 1975, 2012
  • Subcampións (7): 1972, 1976, 1977, 1982, 1983, 2005, 2017

Copa

  • Campións (1): 2012
  • Subcampións (3): 1971, 1973, 2011

Supercopa

  • Campións (1): 2012
  • Subcampións (1): 1987

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar