Vladimir Radmanović
Vladimir Radmanović (en cirílico: Владимир Радмановић), nado o 18 de novembro de 1980 en Trebinje, na antiga Iugoslavia, é un antigo xogador de baloncesto serbio. Mide 2,08 metros e xogaba de ala-pivote e de ala.
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1980 (43 anos) Trebinje, Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 103 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2005 | Campionato europeo de baloncesto de 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Campionato mundial de baloncesto de 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Marija Kilibarda |
Traxectoria deportiva
editarInicios
editarRadmanović xogou na súa mocidade nos equipos serbios do Estrela Vermella de Belgrado e do KK Železnik. Alí permaneceu até 2001, data na que foi elixido no Draft da NBA.
NBA
editarFoi elixido na duodécima posición do Draft da NBA de 2001 polos Seattle Supersonics. Tras ter unha media de 6,7 puntos e 3,8 rebotes por partido, foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. O catro seguintes tempadas tamén as xogaría cos Sonics, onde a súa progresión foi evidente, chegando practicamente a duplicar as cifras do seu ano de novato. Chegou a ser candidato ao premio ao Xogador con Maior Progresión en 2004, tras ter unha media de máis de 12 puntos xogando como sexto home. O 26 de xaneiro de 2005 anotou oito triplas contra os Los Angeles Lakers, o máximo da súa carreira até o momento.
Despois de expresar a súa frustración por non conseguir o posto de titular en Seattle, foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Chris Wilcox, onde fixo un gran final de tempada, conseguindo os seus mellores resultados en rebotes e asistencias, así como unha gran porcentaxe do 41,8% en tiros de tres puntos. En xullo de 2006, aceptou un contrato de 31 millóns de dólares por cinco anos con Los Angeles Lakers, a pesar de que os Clippers igualaban esa oferta. Porén, foi persuadido para unirse aos Lakers equipo da cidade por Kobe Bryant, Phil Jackson, Magic Johnson e o seu bo amigo Vlade Divac.
Durante o descanso do All-Star Weekend desa tempada, presentouse cunha lesión no ombreiro, dicindo que se produciu ao caerse nunha placa de xeo en Utah, o que lle provocou oito semanas de inactividade. Pero pouco despois revelou que a lesión realmente produciuse facendo snowboard, polo cal foi duramente multado polo club, ao practicar actividades perigosas. De todos os xeitos, acabou a tempada cunha media de 6,6 puntos e 3,3 rebotes por partido.
O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Adam Morrison e Shannon Brown.[1] O 16 de novembro de 2009, Radmanovic foi traspasado a Golden State Warriors xunto con Raja Bell a cambio de Stephen Jackson e Acie Law.[2]
O 10 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[3] No seu primeiro partido cos Hawks o 26 de decembro de 2011, Radmanović anotou 17 puntos, roubou 4 balóns e repartiu 5 asistencias en 27 minutos de xogo.
O 19 de xullo de 2012, Radmanović asinou un contrato dun ano cos Chicago Bulls.[4]
Notas
editar- ↑ Radmanovic traded for Morrison, Brown
- ↑ "Bobcats acquire Stephen Jackson and Acie Law from Warriors". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2010.
- ↑ "Hawks sign veteran forward Radmanovic". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011.
- ↑ "Bulls sign free agent forward Vladimir Radmanovic". NBA.com. 2012-07-19. Consultado o 2009-07-20.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)