Chris Wilcox

baloncestista estadounidense

Chris Ray Wilcox, nado o 3 de setembro de 1982 en Whiteville, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.

Chris Wilcox
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 3 de setembro de 1982 (41 anos)
Whiteville, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Whiteville (Whiteville, Carolina do Norte)
William G. Enloe
(Raleigh, Carolina do Norte)
Universidade Maryland (2000–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Los Angeles Clippers
Carreira 2002–2013
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2002–2005)
Seattle SuperSonics / Oklahoma City Thunder (2006–2008)
New York Knicks (2009)
Detroit Pistons (2009–2011)
Boston Celtics (2011–2013)

Traxectoria editar

Wilcox foi traspasado o 14 de febreiro de 2006 a cambio de Vladimir Radmanović.[1] Na tempada 2005-06 cos Seattle SuperSonics, Wilcox acadou 14.1 puntos e 8.2 rebotes por partido. Xogou de titular en 23 dos 29 partidos que xogou cos Sonics.

O 19 de febreiro de 2009, Wilcox foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Malik Rose.[2] Converteuse en axente libre ó remate da tempada.

O 22 de xullo de 2009, Wilcox asinou un contrato por varios anos cos Detroit Pistons.[3]

O 9 de decembro de 2011, Wilcox asinou por un ano co salario mínimo de veterán cos Boston Celtics.[4] Tras diagnosticárselle unha irregularidade no corazón, foi cortado polos Celtics o 23 de marzo de 2012.[5] Porén, máis tarde anunciouse que podía xogar, e fichou de novo polos Celtics o 14 de xullo de 2012.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar