Dennis Scott

baloncestista estadounidense

Dennis Eugene Scott, nado o 5 de setembro de 1968 en Hagerstown, Maryland, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 10 tempadas na NBA na década dos 90. Con 2,02 metros de altura, xogaba na posición de escolta.

Infotaula de personaDennis Scott

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Hagerstown, Maryland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónFlint Hill School (en) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Editar o valor em Wikidata
Altura203 cm Editar o valor em Wikidata
Peso104 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata - 2000 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Convocado porOrlando Magic Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Minnesota Timberwolves
- Vancouver Grizzlies
- Orlando Magic
- Phoenix Suns
- Dallas Mavericks
- New York Knicks
1987-1990 Georgia Tech Yellow Jackets men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: adea7b94-1423-4620-a912-c70f5de41c9f Editar o valor em Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Universidade

editar

Xogou durante 3 tempadas cos Yellow Jackets da Universidade de Georgia Tech, cunha brillante traxectoria, sobre todo na súa última campaña, na cal fixo 27,7 puntos e 6,6 rebotes por partdo, levando ao seu equipo á disputa da Final Four da NCAA xunto ao seu compañeiro Kenny Anderson. Gañou o premio ao mellor xogador do ano da ACC, a súa conferencia, facendo que as súas opcións dun bo posto no Draft da NBA aumentasen. No tres anos tivo unha media de 21,4 puntos, 5,3 rebotes e 2,9 asistencias por partido.

Profesional

editar

Foi elixido na cuarta posición do Draft da NBA de 1990 por Orlando Magic, onde rapidamente fíxose co posto de titular, asinando unha gran campaña, con 15,7 puntos e 2,9 rebotes por partido, o que fixo que fose incluído no mellor quinteto de rookies dese ano. Até a chegada de Shaquille O'Neal ao equipo, foi, xunto a Nick Anderson, un dos máximos anotadores do equipo. Gañouse o alcume de 3D pola facilidade anotando tiros de tres puntos, como o demostrou na tempada 1995-96, cando foi o máximo anotador da liga desde máis aló da liña de 3, con 267 canastras conseguidas. Tamén conseguiu o récord da NBA de máis triplas anotadas nun partido, con 11, que anos máis tarde superaría Kobe Bryant con 12.

Tras sete tempadas en Orlando, iniciou unha peregrinación polos equipos da liga, que lle levou a xogar en 5 equipos diferentes durante os seus seguintes tres tempadas, as últimas da súa carreira profesional. Tras dez anos, retirouse cunhas medias de 12,9 puntos e 2,9 rebotes.

Equipos

editar

Logros persoais

editar
  • Mellor xogador de Instituto do Ano en 1987.
  • ACC Baloncestista do Ano Masculino en 1990.
  • Mellor quinteto de rookies en 1991.
  • Máximo anotador de 3 puntos da NBA en 1996 (267).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar