Isidoro de Kíiv, nado arredor de 1385 en Monemvasia (Imperio Bizantino) e finado o 27 de abril de 1463 en Roma (Estados Pontificios), foi un eclesiástico católico grego, metropolita de Kíiv e toda a Rus entre 1437 e 1441, cardeal e patriarca latino de Constantinopla.

Modelo:BiografíaIsidoro de Kíiv

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Ἰσίδωρος τοῦ Κιέβου Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1385 Editar o valor en Wikidata
Monemvasia, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1463 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Decano do Colexio dos Cardeais
8 de outubro de 1461 – 27 de abril de 1463
← Giorgio FieschiBasilio Besarión →
Latin Patriarch of Constantinople (en) Traducir
20 de abril de 1458 – 27 de abril de 1463
← Giovanni Contarini (en) TraducirBasilio Besarión →
Administrador apostólico
1 de xaneiro de 1458 – 17 de marzo de 1459
Administrador apostólico
10 de maio de 1456 – 27 de abril de 1463
Administrador apostólico
19 de xuño de 1451 – 15 de marzo de 1455
Cardeal bispo de Sabina (Vescovio)
7 de febreiro de 1451 – 27 de abril de 1463
← Fiz VJuan de Torquemada →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1450 (Gregoriano) – 1451
← Astorgio Agnesi (pt) TraducirLatino Orsini (pt) Traducir →
Cardeal presbítero Santos Marcelino e Pedro (pt) Traducir
8 de xaneiro de 1440 – 7 de febreiro de 1451
← Angelo Barbarigo (pt) TraducirLouis d'Albret →
Metropolita de Quieve e Toda a Rússia (pt) Traducir
2 de abril de 1437 – 22 de marzo de 1441
← Fócio de Kiev (pt) TraducirJonas de Moscou (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa, Igrexa ortodoxa de Constantinopla, Igrexa católica, Igrexa católica bizantina rusa e Igrexa católica bizantina grega Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, teólogo, sacerdote católico, prisioneiro Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de agosto de 1458conclave de 1458
4 de abril de 1455conclave de 1455 Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era de orixe grega, dunha familia ortodoxa de Monemvasia.[1] Algúns historiadores indican que arredor de 1413 foi elixido metropolita de Monemvasia,[2][3] mais outros historiadores rexeitan dita identificación proposta.[4] Entrou no mosteiro, e chegou a ser hegúmeno do mosteiro de San Demetrio de Constantinopla.[5] Dende moi cedo foi partidario da reunión da Igrexa ortodoxa coa Igrexa católica.

Cando o Imperio Bizantino estaba ameazado polos otománs, a corte valorou a posibilidade dun rescate dos reinos de Europa Occidental como resultado da reunión entre as igrexas, e en 1434 Isidoro foi enviado por Xoán VIII Paleólogo a Basilea, como parte dunha delegación para negociar co Concilio de Basilea. Á súa volta, continuou a participar nas preparacións da reunión.

En 1437 foi nomeado metropolita de Kíiv e toda a Rus (estando entón a sé en Moscova) polo patriarca ecuménico de Constantinopla Xosé II, tamén favorable á unión. Á súa chegada a Moscova, comezou a organizar a delegación moscovita para o Concilio de Ferrara, malia a hostilidade do gran duque Basilio II.

No concilio, o 5 de xullo de 1439 foi asinada a fórmula de entendemento, a bula Laetantur coeli, polos representantes de rito latino e rito bizantino, Isidoro entre eles. Posteriormente, o 18 de decembro do mesmo ano, Isidoro foi creado cardeal por Uxío IV, e nomeado legado papal para Lituania, Livonia e Moscovia. Á súa volta a Moscova, publicou dende Buda unha encíclica chamando aos seus bispos a aceptar a unión, mais cando chegou a Moscova na pascua de 1441 se encontrou coa oposición de Basilio II e de varios bispos.

Á súa chegada a Moscova, durante a súa primeira Divina Liturxia na Catedral da Dormición no Kremlin, Isidoro nomeou o papa Uxío IV durante a liturxia, e proclamou o decreto de unificación. Ademais, Isidoro enviou unha mensaxe do Vaticano a Basilio II, pedíndolle a súa colaboración para a propagación da unión. Tres días máis tarde, Isidoro foi arrestedo e encerrado no mosteiro de Chudov.

En setembro de 1443, logo de dous anos encerrado, o metropolita fuxiu a Tver, posteriormente a Lituania e, finalmente, a Roma, onde foi recibido polo papa. Alí foi nomeado bispo de Sabina.

O papa Nicolao V enviouno como legado a Constantinopla en 1452 para continuar coa reunión de católicos e ortodoxos. Levou con el arredor de 200 soldados para a defensa da cidade. Coa caída de Constantinopla en mans dos otománs o 29 de maio de 1453 salvou a vida ao vestir a un cadáver coas súas roupas, mais caeu como prisioneiro e foi enviado a Asia Menor como escravo.

Cando conseguiu fuxir volveu a Roma. O 10 de maio de 1456 foi nomeado administrador de Nicosia, e o 20 de abril de 1458 patriarca titular de Constantinopla.

  1. McNeill, William H. (2009). Venice: The Hinge of Europe, 1081-1797 (en inglés). University of Chicago Press. p. 110. ISBN 9780226561493. 
  2. Runciman, Steven (2009). Lost Capital of Byzantium: The History of Mistra and the Peloponnese. Tauris Parke Paperbacks. p. 103. ISBN 9780857718105. 
  3. Ζακυθηνός, Διονύσιος (1957). "Μανουήλ Β′ ο Παλαιολόγος και ο Καρδινάλιος Ισιδώρος στην Πελοπόννησο". Mélanges offerts à Octave et Melpo Merlier: à l'occasion du 25e anniversaire de leur arrivée en Grèce (en grego) (Instituto Francés de Atenas) 3: 45–69.  Na obra, Zakythinos apóiase na correspondencia de Isidoro para concluir que fora metropolita de Monemvasia entre 1413 e 1430 aproximadamente.
  4. Especialmente Vitalien Laurent e Giovanni Mercati. Véxase as notas en Setton, Kenneth M. (1978). The Papacy and the Levant, 1204-1571: The Fifteenth Century (en inglés). American Philosophical Society. pp. 3–4. ISBN 9780871691279. 
  5. Langer, Lawrence N. (2001). Historical Dictionary of Medieval Russia. Scarecrow Press. pp. 70–71. ISBN 9780810866188. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Giovanni Mercati, ed. (1926). Scritti d'Isidoro il cardinale Ruteno: e codici a lui appartenuti che si conservano nella Biblioteca apostolica vaticana. Biblioteca Apostolica Vaticana. 
  • Philippides, Marios; Hanak, Walter K. (2018). Cardinal Isidore (c.1390–1462): A Late Byzantine Scholar, Warlord, and Prelate. Routledge. ISBN 9781351214889. 

Ligazóns externas

editar