Xoán VIII Paleólogo
Xoán VIII (16 de decembro de 1392 - Constantinopla, 31 de outubro de 1448), alcumado Paleólogo foi emperador bizantino e fillo máis vello de Manuel II. En 1425 pasou a ser emperador en solitario. Casou dúas veces: primeiro con Ana, filla do Gran duque Basilio I de Moscova, en 1414; e logo con Sofía de Montferrato en 1421, cando foi nomeado co-emperador xunto ao seu pai. Non tivo fillos de ningún dos dous matrimonios.
Xoán VIII Paleólogo | |
---|---|
![]() Xoán VIII Paleólogo, por Benozzo Gozzoli. | |
Nacemento | 18 de decembro de 1392 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 31 de outubro de 1448 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | monarca |
Pai | Manuel II Paleólogo |
Nai | Helena Dragas |
Cónxuxe | Ana de Moscovo, Maria de Trebizonda, Sofia de Montferrat e Sofia de Montferrat |
Irmáns | Teodoro II Paleólogo, Demetrio II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Constantino XI e Tomé Paleólogo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para buscar protección fronte á ameaza dos turcos otománs, visitou o Papa e aceptou a unión das igrexas grega e latina, o que se ratificou en Florencia en 1439. En devandita viaxe estivo acompañado por Xurxo Gemisto Pletón, un filósofo neoplatónico que tería unha grande influencia sobre o mundo académico italiano, así como sobre o Renacemento en toda Europa occidental. A unión da igrexas fracasou, pero grazas á súa prudente política ante o Imperio otomán logrou conservar Constantinopla e en 1432 resistiu un asedio do sultán Murad II.
Designou o seu irmán Constantino XI como sucesor, e, malia as intrigas dos seus irmáns máis novos, Demetrio e Tomé, a súa nai, Helena Dragas, conseguiu asegurarse a sucesión de Constantino.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel II Paleólogo |
Xoán VIII Paleólogo | Precede a: Constantino XI |
Dinastía Paleólogo |