Pedro Ferrer

fotógrafo galego
(Redirección desde «Imp. de Ferrer»)

Pedro Inocencio Vicente Ferrer Sans, nado na Coruña o 5 de abril de 1870 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1939, foi un comerciante, impresor, editor e fotógrafo galego.

Pedro Ferrer
Nacemento5 de abril de 1870
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento9 de xuño de 1939
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo, editor, impresor e comerciante
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pedro foi o menor dos tres fillos do catalán, natural da comarca de Anoia, Francisco Ferrer Puigdengolas e da coruñesa Niceta Sans Samá, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e coa morte do pai o 19 de xaneiro de 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello, Francisco Ferrer Sans (Paco), que en 1883 incorporan os servizos de impresión.[1] Paco finou o 6 de outubro de 1884.[2]

Pedro fíxose cargo dos negocios familiares e viaxou a canda á súa familia catalá á Exposición Universal de Barcelona de 1888, na que participaba o seu primo Ramon Romaní i Puigdengolas, data na que comeza a tirar fotografías. En 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, nun edificio de catro plantas onde tamén se situaba o domicilio familiar. Destacan as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade, que apareceron na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Porfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904.[3]

Tamén foi considerado un dos primeiros empresarios discográficos de Galicia, producindo os primeiros discos de música galega.[3][4] Foi socio do Círculo de Artesáns, do Sporting Casino e do Real Club Náutico da Coruña.

Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derramo cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.[5]

A súa obra difundíronse na I Fotobienal, celebrada en Vigo en 1984[6][7][8] e apareceu publicada no libro As imaxes do traxe en Galicia en 1992.[9]

Vida privada editar

Pedro Ferrer casou o 5 de febreiro de 1898 con María Josefa Carreras-Presas Mariñas, coa que tivo sete fillos (dous homes e cinco mulleres).

Recoñecementos editar

En 2007 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa.[10]

Galería de imaxes editar

 
Nicho de Ferrer en Santo Amaro.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar