Praza de touros da Coruña
A praza de touros da Coruña foi un recinto taurino inaugurado o 2 de xullo de 1885.[1] A última corrida de touros que se celebrou nese lugar foi o 7 de outubro de 1967.[2]
Praza de touros da Coruña | |
---|---|
Praza de touros, xunto ao cuartel da garda civil (rúa do Médico Rodríguez) | |
Coordenadas | 43°21′57″N 8°24′36″O / 43.365877980426, -8.4100019907182 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Edificio
editarConstruída na zona do segundo ensanche, tiña unha capacidade de 10 027 persoas, unha arena de 52.5 metros de diámetro e unha calella de 1.5 metros con barreira de 1.55 metros. O edificio realizouse en cachotaría, con varios andares e bancadas de madeira de piñeiro galego. O espazo total do recinto ocupaba 15 420 m2. A súa venda foi anunciada o 22 de marzo de 1893 mediante un anuncio no diario El Telegrama.[3][1]
Historia
editarCon anterioridade ao edificio existiran outras tres prazas de touros: a antiga praza Real (na praza de Azcárraga), a praza do Corralón do antigo cuartel de Artillaría (actualmente Zalaeta) e o Campo Volante ou Campo de Marte, todas elas construídas en madeira.[3] O alcalde Juan Flórez pensou en realizar un festival taurino para aumentar o atractivo turístico das festas de verán.[4] A praza de touros da Coruña foi construída entre 1884 e 1885 mediante achegas dos cidadáns. Así, o 25 de xaneiro chegaron 60 000 duros para sufragala. As obras foron dirixidas polo arquitecto Juan de Ciórraga e estaba situada na área da actual praza de San Paulo.[5][6][7]
A corrida de inauguración celebrouse o 2 de xullo de 1885. Para a celebración organizáronse tres corridas os días 2, 3 e 5 de xullo. O primeiro día participaron Juan Ruiz Lagartija e Frascuelo, figura máis coñecida da época.[3][8]
Na praza tomou a "alternativa" o galego Alfonso Cela Celita, o 15 de setembro de 1912 con Manolo Bienvenida de padriño.[1][9][10] Outros galegos con actividade na praza foron José Mínguez Galleguito, en maio de 1925, e o 22 de outubro de 1939 José Mínguez Galleguito e Martín Fernández Celita II. Tras retirarse das touradas, José Mínguez foi asesor da praza ata 1956.[3][4][11]
O 6 de agosto de 1934, nunha corrida con Ignacio Sánchez Mejías, Juan Belmonte e Domingo Ortega, saíu despedido un estoque, que impactou nun espectador ao que causou a morte.
Luis Miguel Dominguín, cuxo pai posuíu o usufruto de alugamento da praza na década de 1920, tomou a "alternativa" na praza o 2 de agosto de 1944, con Domingo Ortega de padriño.[1][12][13]
Durante a Segunda República, a praza de touros foi un lugar de celebración de mitins e tamén o epicentro de revoltas sociais. Despois da guerra civil española, houbo unha proposta para derribala en 1944 e para construír outra praza noutro lugar. Este cambio de localización non tivo lugar, igual que a proposta de compra por parte do concello debido ás discrepacións cos propietarios pola forma de pagamento. Finalmente, a Sociedad Urbanizadora Coruñesa foi quen se fixo coa propiedade en 1945.[3]
A última corrida na praza de touros foi unha corrida de beneficencia celebrada o 7 de outubro de 1967. Participaron Joaquín Bernardo, Antoñete e Andrés Vázquez Nono.[2] Un mes despois do pechamento, foi demolida.[14]
Despois da demolición
editarHoubo varios intentos para localizar unha praza de touros nos terreos ao lado do estadio de Riazor, onde na actualidade se sitúa a Casa da Auga. En 1968, o alcalde José Manuel Liaño Flores propuxo unha nova localización en Elviña, proxecto que non se levou a cabo.
En 1985, o concello propuxo a construción dun espazo multiúsos nos arredores da cidade en que tamén se realizarían corridas de touros. Inaugurouse o 19 de maio de 1991 co nome de Coliseum.[15][16]
En xullo de 2015, o concello deixou de financiar a realización da feira taurina.[17]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Parones, P. P. (1 de setembro de 1927). "Plaza de Toros de La Coruña". La Fiesta Brava. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Cossío, José (1996). "Plazas de toros de todo el planeta taurino". Los toros. Tratado técnico e histórico (en castelán). Madrid: Espasa. p. 617. ISBN 84-239-9612-3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Las diferentes plazas de toros que hubo en la ciudad". El Ideal gallego (en castelán). 16 de agosto de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 "La primera corrida de toros". La Opinión A Coruña. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ Vázquez y Rodríguez, Leopoldo; Sánchez Neira, José (1885). "Efemérides". Anuario general taurómaco de 1884 (1885) (Madrid: Imprenta de Anastasio Moreno): 86. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "Plaza de Recife: el oasis de San Pablo - Pateando A Coruña". Cope. 25 de xuño de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "Un proyecto para una plaza "abandonada"". La Opinión de La Coruña. Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ "Noticias". La Nueva lidia (Año II- número 41) (Madrid). 29 de xuño de 1885. p. 4. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ Fernández, Carlos (29 de marzo de 2005). "El matador de toros gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ Laverón, J. (1996). Historia del Toreo (en castelán). Madrid, España: Acento Editorial. pp. 112. ISBN 84-483-0116-1.
- ↑ Orzanito (7 de novembro de 1957). "Ha fallecido José Mígez «Galleguito»". El Ruedo (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ Redacción. Aplausos (13 de decembro de 2010) “Nace en Madrid Luis Miguel Dominguín”
- ↑ "Dirección General de Seguridad". Diario de Burgos (Año LIV-Número 16581). 6 de agosto de 1944. p. 5. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "Demolición de la Plaza de toros de La Coruña". El Ruedo (en castelán). 7 de novembro de 1967. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "20 años de Coliseum". Mundotoro (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "El Coliseo, 25 años de música y eventos". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2020.
- ↑ "A Coruña dejará de acoger corridas de toros al desaparecer la subvención municipal". El Diario (en castelán). 15-07-2015. Consultado o 26-08-2021.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |