Illas Gilbert
As Illas Gilbert son unha cadea de 16 atois e illas corais no océano Pacífico central, pertencentes á República de Kiribati ("Kiribati" é a tradución de "Gilbert" en plural en idioma gilbertense).
(en) Gilbert Islands | ||||
Tipo | grupo de illas de Kiribati arquipélago división administrativa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Thomas Gilbert | |||
Localización | ||||
División administrativa | Kiribati | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Superficie | 279,23 km² | |||
Historia
editarAs illas Gilbert estiveron habitadas por micronesios durante moitos séculos antes de ser descubertas polos europeos. Un dos primeiros descubrimentos rexistrados das illas por europeos foi en 1765, cando o comandante John Byron na nave Dolphin descubriu a illa de Nikunau. En 1788, o capitán Thomas Gilbert no Charlotte e o capitán John Marshall no Scarborough percorreron a zona, cruzando as illas de Abemama, Kuria, Aranuka, Tarawa, Abaiang, Butaritari, e Makin (sen paradas). Nos anos subseguintes, moitos barcos navegaron a través das pequenas illas e atois Gilbert no curso das súas travesías polo Pacífico central. Dúas naves da Expedición Exploradora dos Estados Unidos, os navíos Peacock e Flying Fish, baixo a comandancia do capitán Hudson, visitaron varias das Illas Gilbert (naquel tempo Illas Kingsmill). Dedicouse un tempo considerable para debuxar as cartas de navegación da área.
Un primeiro protectorado británico foi proclamado sobre as illas polo capitán Davis, do HMS Royalist, o 27 de maio de 1892. En 1915, as illas Gilbert e Ellice foron proclamadas unha colonia do Imperio Británico.
Os nativos das Illas Gilbert son micronesios, similares en varios aspectos cos nativos das Illas Marshall, as Illas Carolinas e as Illas Marianas. Na época da invasión xaponesa en 1942, eran pobos que se gobernaban a si mesmos, coas súas tradicións tribais non modificadas polo sistema británico de administración e goberno das colonias. Leais aos británicos, os gilbertenses non viron con bos ollos as probabilidades de ser invadidos polos xaponeses. Durante a súa estadía nas Illas Gilbert, os xaponeses non fixeron nada para cambiar a opinión dos gilbertenses sobre este punto de vista.
A principal industria nas illas era a produción de fosfato dos depósitos das illas Banaba e Fanning. Ademais, cultivábanse palmeiras de coco nalgunhas das illas. Todo o traballo era supervisado polos británicos e todos os esforzos que se realizaron foron para que os salarios e as condicións de vida fosen xustas e adecuadas. As inspeccións sanitarias dos británicos melloraron moito as condicións de vida en moitas das illas.
A dieta dos nativos antes da segunda guerra mundial consistía principalmente en peixe, coco, froita do pandanus, polo babai e un pouco de porco. A instalación de vivendas para os europeos empregados na illa foi moi simple. As súas casas estaban construídas por materiais europeos e nativos, e eran xeralmente tipo bungalow. Non había ningunha clase de turismo.
Ao comezo da Guerra, o 78% da poboación indíxena considerábase cristiá. Este grupo se subdividiu, principalmente, en dúas denominacións: Congregacionalistas (43%); e Católicos (35%). O resto da poboación eran agnósticos semipagáns; non estaban adheridos a ningunha fe Cristiá, tampouco practicaban moito as crenzas relixiosas nos seus propios deuses antigos.
O 84% da poboación gilbertense era alfabeta, xa que aceptaron de boa gana os esforzos educativos da colonia. Toda a educación nas illas estivo baixo a supervisión do Departamento de Educación Colonial, cuxos obxectivos eran educar aos raparigos nativos para traballos comerciais e gobernamentais, e estandarizar o nivel de educación ao longo da colonia. A maior parte da educación foi provista polas misións, as cales mantiveron todas as escolas das aldeas e adestraron aos mestres nativos.
Grazas á dispoñibilidade do coidado médico ao estilo europeo e a erradicación dos métodos gilbertenses de control natal, como o aborto, a superpoboación converteuse nun problema na o década de 1930. O plan de expansión denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix tratou de aliviar a superpoboación nas Illas Gilbert, alentando o desenvolvemento en tres atois deshabitados nas Illas Fénix. Este foi o último intento de colonización humana do Imperio Británico.
Segunda guerra mundial
editarCando a segunda guerra mundial estalou en decembro de 1941, os xaponeses ocuparon o Atol Makin inmediatamente e arrasaron Tarawa. En febreiro de 1942, os británicos evacuaron a maioría da xente en Tarawa, aínda que varios misioneiros e gardacostas elixiron permanecer na illa.
O 17 de agosto de 1942, 221 Marines dos Estados Unidos do 2º Batallón de Marines foron desembarcados en Makin desde 2 submarinos. O ataque foi ideado polos estadounidenses co obxectivo de confundir aos xaponeses sobre as intencións dos Estados Unidos no Pacífico. Con todo, tivo a consecuencia de alertar aos xaponeses sobre a importancia estratéxica das illas Gilbert, o cal provocou o seu reforzo e fortificación. Tarawa e Apamama foron ocupadas á forza polos xaponeses en setembro de 1942, e durante o ano seguinte construíronse guarnicións en Betio (Atol Tarawa), e Butaritari (Atol Makin). Noutras illas nas Gilbert só colocáronse forzas simbólicas.
O 20 de novembro de 1943, a 2ª División de Marines dos Estados Unidos invadiu, nas batallas de Makin e a sanguenta Batalla de Tarawa. As Illas Gilbert foron utilizadas para apoiar a invasión das Illas Marshall en febreiro de 1944.
Independencia
editarEn 1971, a colonia converteuse en autónoma. De 1976 a 1978, as Illas Ellice foron divididas, e as Gilbert transformáronse na colonia das "Illas Gilbert". En 1979, as Gilbert proclamaron a súa independencia, converténdose na nación independente de Kiribati.
Atois
editarOs atois e illas están situadas nunha liña norte a sur. En orde alfabética, son: