Tabiteuea

Tabiteuea
Atol Tabiteuea
Datos
País Kiribati
Illa principal Tabiteuea Norte
Linguas
Poboación (2005) 4.899 hab.
Superficie 38´2 km²
Superficie lagoa 365 km²
Nº de illas
Coordenadas 1°21′S 174°48′L / -1.350, -174.800
Maior Altura
Localización
Localización do atol Tabiteuea

Tabiteuea é o nome colectivo de dúas illas próximas entre si: Tabiteuea Norte e Tabiteuea Sur. As illas están situadas no Océano Pacífico, ao sur de Tarawa, e pertencen á República de Kiribati.

Tabiteuea Norte ten unha área terrestre de 26 km² e conta cunha poboación de 2.990 persoas no 2001; mentres que Tabiteuea Sur, cunha área terrestre de 12 km², ten unha poboación de 1.293 individuos.

"Tabiteuea", en idioma gilbertense, significa "terra sen xefes", xa que a illa é tradicionalmente igualitaria. A finais do século XIX, as dúas illas foron o sitio dunha guerra relixiosa cando a poboación de Tabiteuea Norte se converteu ao cristianismo e invadiu Tabiteuea Sur (cuxa poboación tiña as súas propias prácticas relixiosas).