Atol Abaiang

(Redirección desde «Abaiang»)
Abaiang
Atol Abaiang
Datos
País Kiribati
Illa principal Teiro
Linguas
Poboación (2010) 5.502 hab.
Superficie 16´603 km²
Superficie lagoa 208 km²
Nº de illas 15
Coordenadas 2°00′N 173°00′L / 2.000, -173.000
Maior Altura 4 m.
Localización
Localización do atol Abaiang

Abaiang, (tamén coñecido como Apaiang, Apiaia, Illa Charlotte, Illa Matthews ou Six Isles), é un atol coralino do grupo de illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no océano Pacífico centroccidental.

Xeografía editar

Abaiang comprende 15 illotes ao redor dunha lagoa, cunha superficie total de 16´603 km². O atol ten unha lagoa (26x8 km) unida ao océano pola canle de Bingham, no interior da cal pódese atracar. A súa poboación, segundo o censo de 2010, é de 5.502 habitantes entre os 18 pobos, os máis grandes son Nuotaea (559 habitantes) e Tuarabu (560 habitantes)

A parte continental de Abaiang ten unha superficie total de 14´377 km² esténdese desde a localidade do norte de Takarano á aldea do sur de Tabontebike. Outros dous illotes, Riboono 0´887 km² e Nuotaea 1'339 km² tamén están habitados. O resto dos illotes de Abaiang, cunha superficie total de 0´872 km² están deshabitados, a falta de auga e a lonxanía da parte principal son os principais problemas. Aínda que utilízanse para a pesca, a colleita de copra e o cámping. Os illotes de Oobwaa e Teirio teñen pequenos moteis construídos neles, con persoal que se despraza desde a parte continental de Abaiang e desde Tarawa cando se esperan clientes.[1][2]

No suroeste de Abaiang hai unha canle, a canle de Bingham, que é a conxión básica entre a lagoa e o Pacífico. A canle atópase entre a illa máis grande de Abaiang (no leste) e unha pequena illa no suroeste de Abaiang chamada Teirio.

As seguintes poboacións atópanse na illa maior de Abaiang: Aonobuaka - Borotiam - Koinawa - Evena - Morikao - Tabontebike - Tabwiroa - Taburao - Takarano - Tanimaiaki - Tebanga - Tuarabu - Ubanteman

Historia editar

Artigo principal: Illas Gilbert.

Aínda que a tradición di que os primeiros habitantes da illa de Abaiang eran espíritos. Investigacións recentes concordan en que a illa foi poboada por habitantes de Samoa hai uns 500 ou 600 anos.

En 1788, o capitán europeo Thomas Gilbert descubriu o atol, e nomeouno Charlotte Island, por ser o dono do buque Charlotte. Pasando os anos e chegou o Reverendo Dr. Bingham e o seu equipo, os comerciantes internacionais, vagabundos, baleeiros e ata negreiros. Logo chegaron os colonizadores e izaron Union Jack na illa[3].

O primeiro misioneiro en vivir en Kiribati chegou a Abaiang o 16 de novembro de 1857. Foi Hiram Bingham II da American Board, un grupo misioneiro baseado Boston. Hiram Bingham era fillo de Hiram Bingham I, que foi un dos primeiros e máis influentes misioneiros de Hawaii. Hiram Bingham II e a súa esposa foron acompañados a Abaiang polo pastor Hawaiano Joel Hulu Mahoe e a súa esposa.[4] Bingham chegou ao pobo de Koinawa e durante as celebracións do centenario en 1957 foi erixido un monumento no lugar .

A institución máis recoñecida de Abaiang é o St. Josephs College, fundado en 1939 o cal é un dos institutos escolares mais recoñecidos de Kiribati. O seu actual director é Sir Paul Chilton, un inmigrante británico; e entre os seus exalumnos atópase o actual presidente Anote Tong.

Economía editar

 
Oficina do Consello na illa de Abaiang

En comparación con outras illas de Kiribati, Abaiang ten algunhas vantaxes económicas importantes. A súa gran lagoa é compatible cunha sorprendente diversidade de corais e peixes, proporcionando abundante marisco á poboación local e a atracción de turistas á illa desde a próxima Tarawa Sur. Aínda que a illa é propensa á seca, en anos normais a precipitación é suficiente para soportar a produción de Árbore do pan, plátano e papaio, así como o coco en todas partes. A proximidade de Abaiang a Tarawa tamén facilita un significativo aínda que en gran medida informal, comercio local de alimentos de todo tipo.

Aínda que, como todas as illas exteriores de Kiribati Abaiang é basicamente unha economía de subsistencia, cun pequeno número de postos de traballo, traballando principalmente para o Goberno ou Consello Insular. Outras fontes de ingresos son a produción de copra, e as remesas de familiares que traballan no sur de Tarawa, como tripulantes en buques internacionais ou no estranxeiro.[1]

Visitar Abaiang editar

 
Abaiang edificio do aeroporto.

Transporte editar

O atol está servido polo Aeroporto de Abaiang, situado entre as localidades de Tabwiroa e Tuarabu. Air Kiribati opera tres voos semanais que conectan Abaiang con Marakei e o aeroporto internacional en Tarawa Sur.

Tamén hai servizo de alugueiro de botes que parten de Tarawa Sur para Abaiang.

Aloxamento editar

Hai tres casas de hóspedes en Abaiang.[5] A casa de hóspedes Cabido está situado na vila de Taburao e dá a benvida aos turistas, así como aloxamento para os traballadores do goberno e outros viaxeiros. "Ouba Islet Resort" é un complexo de eco turismo na illa Ouba no perímetro noroeste do atol, que funciona desde xullo de 2006. "Teiria Islet Beach Escape" é un pequeno complexo no illote de Teiria.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Abaiang Island Report". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  2. "Kiribati Census Report 2010 Volume 1" (PDF). National Statistics Office, Ministry of Finance and Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2014. Consultado o 17 March 2013. 
  3. "Kiribati Tourism Factsheet - Abaiang" (PDF). Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  4. The Centennial Book: One Hundred Years of Christian Civilzation in Hawaii 1820-1920. Central committee of the Hawaiian mission centennial. 1920. p. 49. 
  5. "Kiribati Tourism Outer Islands Accommodation Guide". Government of Kiribati. July 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 9 March 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar