Tarawa Sur

Coordenadas: 1°19′32″N 172°59′00″L / 1.32556, -172.98333

Tarawa Sur (en kiribatiano: Tarawa Teinainano) é a capital do Estado das illas Kiribati, unha mancomunidade urbana do atol de Tarawa. O seu nome completo en kiribatiano é Teinainano Urban Council (literalmente « consello urbano da vela »), con frecuencia abreviado como TUC. En 2010 tiña 50 182 habitantes.

Tarawa Sur
South Tarawa from the air.jpg
Localización
Tarawa Sur en Kiribati
Tarawa Sur
Tarawa Sur
PaísFlag of Kiribati.svg Kiribati
Demografía
Poboación50 182 hab. (2010)[1]
Densidade3 184 hab/km²

XeografíaEditar

 
Mapa do atol de Tarawa — Tarawa Sur esténdese desde Bairiki a Bonriki

Sita no atol de Tarawa, a cidade espállase desde Bairiki a Bonriki, sobre unha trintena de quilómetros, abranguendo unha decena de illotes unidos entre si, o que equivale a toda a rama meridional do atol (de aí o nome xilbertense de « vela », pois a forma do atol lembra unha vela latina). A rama norte denomínase en xilbertense « ieta » (« mastro »).

Características urbanasEditar

BairikiEditar

Bairiki está considerada como o centro administrativo principal d república das Quiribati, pois e sede da presidencia e dalgúns ministerios, mais non é unha colectividade territorial falando con propiedade. En Ambo sitúase o Parlamento, dito Maneaba ni Maungatabu.

Tarawa Sur é tamén a sede do bispado católico de Tarawa e de Nauru, da Igrexa Protestante de Quiiribati e de numerosos organismos de todo tipo: a Escola Normal, o hospital Tungaru, o lycée ou "instituto" Moroni (Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días)), así como dun centro da Universidade do Pacífico Sur.

A cidade concentra un cuarto da poboación da república e elixe tres deputados para o Parlamento (Maneaba ni Maungatabu) sobre un total 42 deputados.

ComunicaciónsEditar

Está unida á illa de Betio por unha ponte (dita a Japanese Causeway: a "Calzada xaponesa") desde os anos da década de 1980. O illote de Bonriki posúe un aeroporto internacional.

NotasEditar

  1. "Kiribati Census Report 2010 Volume 1" (PDF). National Statistics Office, Ministry of Finance and Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2013.