Atol Beru

(Redirección desde «Beru»)
Beru
Atol Beru
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2005) 2.169 hab.
Superficie 16´6 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas
Coordenadas 1°19′S 175°58′L / -1.317, -175.967
Maior Altura
Localización
Localización do atol Beru

Beru (tamén coñecida como Eliza, Illa Francis, Maria, Peroat, Illa Peru e Sunday) é un atol coralino localizado ao sur das illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no océano Pacífico.

Ten ao redor de 15 km de longo (de noroeste a sueste) e 4.75 km de ancho no seu punto máis ancho (de nordés a suroeste). O centro do arrecife é unha depresión pouco profunda, chamada Nuka. Atópase 96 km ao leste de Tabiteuea e 426 km ao sueste de Tarawa, preto da liña ecuatorial.

Xeografía editar

A masa de terra ocupa máis dun terzo da estrutura do arrecife, e está maiormente situada cara ao extremo nordés da illa. Na súa máxima dimensión, a illa ten 13,9 km de longo, e varía entre 0,5 e 2,9 km de anchura. As súas aldeas son Rongorongo e Tabukinberu.