Illa do Príncipe Eduardo

(Redirección desde «Illa Príncipe Eduardo»)

A Illa do Príncipe Eduardo[1][2] (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas do Canadá. É unha illa rodeada polo océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.

Modelo:Xeografía políticaIlla do Príncipe Eduardo
Prince Edward Island (en)
Île-du-Prince-Édouard (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Lema«Parva Sub Ingenti» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aIlha do Príncipe Eduardo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°24′N 63°12′O / 46.4, -63.2Coordenadas: 46°24′N 63°12′O / 46.4, -63.2
EstadoCanadá Editar o valor em Wikidata
CapitalCharlottetown (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Escindido deNova Scotia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación152.784 (2017) Editar o valor em Wikidata (27,19 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie5.620 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGolfo de San Lourenzo Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoHunter River (pt) Traducir (142 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo de San Lourenzo (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de xuño de 1769 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo Editar o valor em Wikidata
• Monarca (pt) Traducir Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Prince Edward Island (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of Prince Edward Island (en) Traducir Editar o valor em WikidataDennis King (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoGeneral Assembly of Prince Edward Island (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
PIB nominal7.508.000.000 $ (2020) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalC Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2CA-PE Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Hainan (2001–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webprinceedwardisland.ca… Editar o valor em Wikidata
Facebook: govpe Twitter: infopei Instagram: peigov LinkedIn: province-of-pei Youtube: UCaDGCxAaOVqUVC-WUoTnXog Flickr: 55216729@N06 Editar o valor em Wikidata
Mapa da Illa do Príncipe Eduardo.

É a provincia máis pequena do Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.

Xeografía editar

A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.

Clima editar

 
Costa da Illa, coa súa famosa praia vermella.

A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas do Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.

Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.

Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 °C. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.

Notas editar

  1. Por exemplo en Antonio Cazorla, Adrian Shubert (2000). "A inmigración española en Canadá: unha visión de conxunto". Estudios Migratorios (CCG) (10): 11. ISSN 1136-0291. 
  2. «Príncipe Eduardo, Illa do». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1700. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar