Linguas de Suecia

(Redirección desde «Idiomas de Suecia»)
Idiomas de Suecia
Idioma principal Sueco >90%
Linguas minoritarias oficialmente recoñecidas Finés, Meänkieli, Romaní, Saami, Yiddish
Linguas autóctonas non oficias Älvdalsmål, Jamtlandés, Escanio
Linguas principais dos inmigrantes Finés, Serbocroata, Árabe, Persa, Castelán[1]
Principais linguas estranxeiras Inglés 89%, Alemán 30%, Francés 11%Fonte: [1]

O sueco é, dende 2009, a lingua oficial de Suecia.[2] O sueco, unha lingua xermánica do norte bastante semellante ó danés e ao noruegués, é falado pola inmensa maioría da poboación, e é ademais a lingua do pobo sueco.

Sueco editar

 
Mapa que amosa as áreas falantes de sueco en Escandinavia

Dos aproximadamente nove millóns de suecos, practicamente a totalidade deles teñen o sueco como mínimo como segunda lingua, e a maioría como primeira lingua (uns 7,825,000). O sueco tamén é falado en certo grao polos suecos que viven fóra de Suecia, por exemplo, pouco máis de medio millón de persoas de ascendencia sueca nos Estados Unidos falan a lingua, segundo Ethnologue.

Linguas minoritarias editar

Artigo principal: Linguas minoritarias de Suecia.

En 1999, o Comité para as Linguas Minoritarias de Suecia declarou formalmente como minoritarias a cinco linguas de Suecia: finés, meänkieli (tamén coñecido como tornedal, tornionlaaksonsuomi ou tornedaliano), saami, romaní, e yiddish.

Finés editar

Artigo principal: Lingua finesa.
 
Áreas cunha poboación significativa falante de finés en Suecia, 2005

O finés, unha lingua Fino-úgrica, ten sido moi falada en Suecia (o mesmo sucede co Sueco en Finlandia, véxase Fino-suecos, Åland), debido ó feito de que durante séculos, un terzo de Suecia estaba no que hoxe é Finlandia. Hoxe, os fineses constitúen arredor do 2% da poboación de Suecia, e o finés é falado por unhas 200,000 persoas. Unha alta concentración de falantes de finés (uns 16,000) reside no condado de Norrbotten.

Meänkieli editar

Artigo principal: Lingua meänkieli.

O meänkieli é tamén unha lingua Fino-Úgrica falada polos Tornedalenses, bastante relacionado co finés. É bastante empregado nas localidades de Gällivare, Haparanda, Kiruna, Pajala e Övertorneå, todas elas no val de Torne. Entre 40,000 e 70,000 persoas falan Meänkeli como primeira lingua.

Saami editar

Artigo principal: Linguas saamis.
 
Mapa que amosa a área onde tradicionalmente se falan as linguas saamis.

O pobo saami (antigamente coñecidos como lapóns') son un pobo indíxena de todo o norte de Escandinavia (véxase Sápmi) que fala unha serie de linguas moi relacionadas entre si normalmente agrupadas xuntas baixo o nome de saami, aínda que polo menos tres dialectos diferentes saami son falados en Suecia. As linguas saamis son, coma o finés e o meänkeli, linguas ugrofinesas, pero as linguas saamis constitúen un subgrupo propio diferente do subgrupo de baltofinés onde van incluídas as outras dúas. A lingua saami, por mor da prolongada exposición ós seus veciños xermanofalantes de Noruega e Suecia, teñen unha morea de préstamos lingüísticos xermánicos que non se atopan normalmente noutras linguas próximas, coma o finés, o estoniano ou o húngaro. Entre 15,000 e 20,000 individuos do pobo saami viven en Suecia, dos cales 9,000 son falantes de saami. En todo o mundo, entre 20,000 e 40,000 persoas falan saami (xa que moitos saami falan hoxe sueco, noruegués, finés ou ruso como primeira lingua, dependendo do estado no que vivan). En Suecia, as principais áreas de falantes de saami son as localidades de Arjeplog, Gällivare, Jokkmokk e Kiruna.

Romaní editar

Artigo principal: Romaní.

O romaní é a lingua falada polo pobo romaní, un grupo étnico nómade orixinario do norte da India. Por mor da orixe xeográfica dos seus falantes, está relacionado coas linguas faladas hoxe na India, e ás veces é escrito co alfabeto indio. Arredor do 90% dos romanís de Suecia falan romaní, o que significa que ten uns 9,500 falantes. En Suecia, non hai unha área con maior densidade de romaní como sucede co finés ou o saami, por exemplo, pero é considerado con importancia histórica polo goberno sueco, e polo tanto o goberno vese na obriga de preservalo, o mesmo que sucede co Yiddish.[3]

Yiddish editar

Artigo principal: Yiddish.

O yiddish é unha lingua xermánica cunha significante influencia hebrea e eslava, escrita cunha variante do alfabeto hebreo e, antigamente, falada por moitos xudeus asquenacís (malia saberen moitos deles o idioma do país no que vivían). Malia seren tradicionalmente sefardí a cultura dos xudeus de Suecia, logo do século XVIII comezou a inmigración asquenací, e os inmigrantes trouxeron con eles a lingua yiddish (véxase historia dos xudeus en Suecia). Hai arredor de 18.000 xudeus en Suecia e, deste número, aproximadamente 4.000 teñen un coñecemento suficientemente alto de yiddish como para ser falantes do mesmo. Como sucede co romaní, o goberno considérao de importancia histórica. A organización Sällskapet för Jiddisch och Jiddischkultur i Sverige (Sociedade polo Yiddish e pola Cultura Yiddish en Suecia) ten máis de 200 membros, moitos dos cales teñen como lingua materna o yiddish.

Linguas ensinadas editar

 
Sinal en Estocolmo con texto en sueco, inglés, ruso e árabe.

Unha maioría de suecos, especialmente aqueles nados logo da segunda guerra mundial, son quen de entender e falar inglés grazas ás relacións comerciais, a popularidade das viaxes á outra beira do Atlántico, a unha forte influencia anglo-americana e á tradición de empregar os subtítulos no canto de dobrar ao sueco os filmes estranxeiros.

Linguas inmigrantes editar

Como moitos países desenvolvidos de Europa dende finais dos anos corenta até a década dos setenta, Suecia ten recibido milleiros de traballadores estranxeiros dos países de Europa do Sur (i.e. Bulgaria, Grecia, Italia, Romanía, España, Turquía e a antiga Iugoslavia). Os suecos de segunda ou terceira xeración teñen adaptado o sueco como primeira lingua, máis algunhas destas linguas tamén se transmiten de xeración en xeración como linguas de uso familiar. Porén, o criterio da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias estabelece que as linguas minoritarias deben ter unha historia longa no país para seren clasificadas como tal, e polo tanto, estas linguas non reciben protección algunha.

Notas editar

  1. http://www.integrationsverket.se/tpl/NewsPage____1038.aspx
  2. Ministerio de Cultura de Suecia. "Language Act (2009:600)" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar