Iain Banks

(Redirección desde «Iain M. Banks»)

Iain Menzies Banks, nado o 16 de febreiro de 1954 en Dunfermline e finado o 9 de xuño de 2013 en North Queensferry, foi un escritor escocés de novelas de literatura xeral baixo o pseudónimo de Iain Banks e de ficción científica como Iain M. Banks.

Infotaula de personaIain Banks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Dunfermline, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Kirkcaldy, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro da vesícula biliar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Stirling Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor de ciencia ficción , escritor , novelista , filósofo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoLiteratura de ciencia ficción e literatura de ficción Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioIain M. Banks Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webiain-banks.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0052169 Musicbrainz: 43d60bfd-f36a-4f6e-9df3-4c39ad046eb5 Discogs: 84382 WikiTree: Banks-5320 Find a Grave: 112025679 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Seu pai foi un oficial no almirantado, e a súa nai foi nunha ocasión unha patinadora sobre xeo profesional. Sendo un neno a súa familia mudouse para a viliña de North Queensferry, na ribeira norte do estuario do Forth, onde se estableceu. Estudou o bacharelato en Greenock, no oeste do país, e posteriormente lingua inglesa, filosofía e psicoloxía na Universidade de Stirling.

Posteriormente mudouse a Londres, onde tivo distintos empregos que lle daban tempo de empezar a escribir. A súa primeira novela, The Wasp Factory, sobre os traumas dun mozo, rematouna con trinta anos e converteuse nun fulgurante éxito no mercado británico. A partir desta novela escribiu varias máis, de ficción contemporánea, mentres desenvolvía un alter ego, Iain M Banks, que á súa vez publicaba novelas de ciencia ficción. Moitos dos seus libros de ficción científica están baseados no universo de a Cultura (unha poderosa civilización de varias especies vivindo na nosa galaxia). A novela The State of the Art rexistra a chegada da Cultura ao planeta Terra.

Cando tivo éxito como novelista dedicouse profesionalmente á literatura, escribindo novelas en tres meses a ritmo intenso e descansando durante o resto do ano en North Queensferry.

Ideoloxía editar

Banks era socialista, pro-laico e independentista escocés. Rexeitou o galardón da Orde do Imperio Británico. A finais de 2004 Banks foi membro destacado dun grupo británico, composto por políticos e figuras dos medios, que fixo unha campaña para acusar ao primeiro ministro, Tony Blair, de prevaricación trala invasión de Iraq en 2003. En protesta por esta invasión, rompeu o seu pasaporte e enviouno ao 10 de Downing Street.

É membro de honra da National Secular Society, unha asociación británica que promove o laicismo.

Vida persoal editar

Casou en 1992 cunha compañeira de traballo e permaneceu casado durante 25 anos. Nas últimas semanas da súa vida casou por segundo vez coa tamén escritora Adele Hartley, coa que levaba anos compartindo a vida.

En abril de 2013 anunciou que tiña un cancro de vesícula biliar e que lle quedaban poucos meses de vida. Faleceu nese mes de xuño.

Tiña unha gran colección de coches deportivos e de luxo, que acabou por vender enteira.

Bibliografía editar

Ningunha das súas novelas foi traducida ao galego.

Como Iain Banks escribiu editar

  • The Wasp Factory, (1984)
  • Walking on Glass, (1985)
  • The Bridge, (1986)
  • Espedair Street, (1987); adaptada para a radio (BBC) en 1998 (dirixida por Dave Batchelor)
  • Canal Dreams, (1989)
  • The Crow Road, (1992); adaptada para televisión (BBC) en 1996 (dirixida por Gavin Millar)
  • Complicity, (1993); filmada no ano 2000 (Complicity, dir. Gavin Millar]]); a edición en vídeo nos Estadous Unidos titúlase Retribution
  • Whit, (1995)
  • A Song of Stone, (1997)
  • The Business, (1999)
  • Dead Air, (2002)
  • The Steep Approach to Garbadale, (2007)
  • Transition, (2009)
  • Stonemouth, (2012)
  • The Quarry, (2013), publicación póstuma.

Como Iain M. Banks editar

En moitas das súas obras de ficción científica trata dunha gran organización pangaláctica chamada A Cultura, descrita con gran luxo de detalle:

  • Pensade en Flebas (1987)
  • O xogador (1988)
  • The State of the Art (colección, 1989; non todas as historias tratan da Cultura)
  • O uso das armas (1990)
  • Excesión (1996)
  • Inversions (1998) (fai referencia implicitamente a que os protagonistas son cidadáns da Cultura)
  • Look to Windward (2000)

Outras novelas de ficción científica que non pertencen á serie da Cultura son:

  • Against a Dark Background (1993)
  • Feersum Endjinn (1994)
  • The Algebraist (2004)

Relatos de ficción científica editar

Banks escribe poucos relatos curtos, pero publicou un libro recompilatorio baixo o nome Iain M. Banks:

  • The State of the Art (1989) contén tanto ficción científica como traballos menos catalogables de ficción.

Non ficción editar

  • Raw Spirit (2003) é un documental de viaxes por Escocia e as súas destilarías de whisky.

Banks é considerado en moitos círculos como o iniciador, coa súa serie da Cultura, da chamada nova space opera británica.

Citas editar

Escribo porque me gusta, divírteme, adiquei a maior parte da miña vida a facelo mellor, e podo vivir diso: non hai nada como un día de traballo

Premios editar