Holaspis laevis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Holaspis
Especie: H. laevis
Nome binomial
Holaspis laevis
Werner, 1896
Sinonimia
Véxase o texto

Holaspis guentheri é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, unha das dúas integradas no xénero Holaspis.[2]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1896 polo zoólogo e explorador austríaco, especializado en herpetoloxía e entomoloxía, Franz Werner, no seu traballo "Über einige Reptilien aus Usambara (Deutsch-Ostafrika)", publicado en Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien 45: 190-194.[3]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Holaspis.

O epíteto específico, laevis procede do latín laevis, que significa "suave".[4]

Sinónimos editar

Ademais do nome actualmente válido (2022), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Holaspis guentheri laevis Werner, 18961
  • Holaspis guentheri laevis Arnold, 1989
  • Holaspis guentheri laevis Broadley & Howell, 1991
  • Holaspis guentheri laevis Kroninger in den Bosch, 2001
  • Holaspis laevis Broadley, 2000
  • Holaspis laevis Spawls et al., 2018

Nota taxonómica editar

Anteriormente Holaspis laevis era considerado unha subespecie de Holaspis guentheri.[6]

Distribución editar

Holaspis laevis está distribuído pola África central e oriental, encontrándose en Camerún, Costa do Marfil, Ghana, Guinea Ecuatorial, Kenya, Malaui, Mozambique, Nixeria, República Democrática do Congo, Serra Leoa, Tanzania e Uganda.[5]

Conservación en viveiros editar

Case todos os espécimes de Holaspis no comercio de mascotas son de H. laevis. A cría en cativerio produciu un aumento da información sobre a bioloxía de Holaspis.[7][8]

No "Acuario de Colonia", unha femia de H. laevis de Tanzania puxo un ou dous ovos o 14 de novembro, o 22 de decembro, o 24 de febreiro e o 5 de abril. Só un ovo eclosionou despois de 54 días de incubación.[7] As femias de H. laevis depositaron ovos debaixo dunha codia. A niñada case sempre constaba de dous ovos, e rara vez as femias máis novas poñían un só. Producían niñadas cada catro ou seis semanas durante o ano. O tamaño do ovo era de entre 6,0 e 7,2 mm x 11,3 e 12,9 mm, a súa masa oscilba entre os 0,30 e os 0,38 g. A 29 °C, o tempo da incubación foi de 55 a 57 días. As crías medían de 21 a 24 mm de longo desde o fociño até a abertura xenital, e a cola medía de 30 a 35 mm de longo, e tiñan unha masa corporal de 0,23 a 0,25 g. A madurez sexual alcánzase aos 1,5 ou 2 anos en cativerio.[8]

Ameazas editar

Spawls et al. (2002) sinalan que esta especie (como Holaspis guentheri) non tolera a deforestación, pero que esta especie estendida probabelmente non estea en risco significativo. Tal e como se entende agora, H. laevis ten unha área de distribución moito máis restrinxida que a súa conxénere pero, porén, está bastante estendida e parece depender menos dos hábitats forestais que H. guentheri'.[9]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución razoablemente ampla, que se encontra en varias áreas protexidas e que non está suxeita a grandes ameazas, considera o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wagner, P., Branch, W. R., Safari, I., Chenga, J. & Malonza, P. K. (2021): Holaspis laevis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 1 de outubro de 2022.
  2. Holaspis Gray, 1863 no GBIF. Consultado o 1 de outubro de 2022.
  3. Holaspis laevis Werner, 1896 no GBIF. Consultado o 1 de outubro de 2022.
  4. Charlton T. Lewis & Charles Short (2000): A Latin Dictionary. ISBN 978-1-9998-5578-9.
  5. 5,0 5,1 Holaspis laevis Werner, 1896 en The Reptile Database.
  6. Arnold 1989.
  7. 7,0 7,1 Kroniger, Michael & Bosch, Herman (2001): Biological data on Holaspis guentheri laevis Werner, 1895 obtained from vivarium keeping.
  8. 8,0 8,1 Neon Blue Tailed Tree Lizard. Holaspis guentheri.
  9. Spawls, S. et al. 2018.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, E. N. (1989): "Systematics and adaptive radiation of Equatorial African lizards assigned to the genera Adolfus, Bedriagaia, Gastropholis, Holaspis and Lacerta (Reptilia: Lacertidae)". Journal of Natural History 23: 525-555.
  • Chirio, L. & Ineich, I. (2006): "Biogeography of the reptiles of the Central African Republic". African Journal of Herpetology 55 (1): 23-59.
  • Hoinsoude Segniagbeto, G., Trape, J.-F., Afiademanyo, K. M., Rödel, M.-O., Ohler, A., Dubois, A., David, P., Meirte, D., Glitho, I. A., Petrozzi, F. & Luiselli, L. (2015): "Checklist of the lizards of Togo (West Africa), with comments on systematics, distribution, ecology, and conservation". Zoosystema 37 (2): 381-402.
  • LeBreton, M. (1999): "A working checklist of the herpetofauna of Cameroon". Amsterdam: Netherlands Committee for IUCN.
  • Spawls, S., Howell, K. M., Drewes, R. C. e Ashe, J. (2018): A Field Guide to the Reptiles of East Africa. 2ª ed. San Diego, San Francisco, New York, Boston, London: Academic Press, Elsevier Science. ISBN 978-1-4729-3561-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar