Abrir o menú principal

Ho Chi Minh (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado o 19 de maio de 1890 e morto o 2 de setembro de 1969, foi un político e revolucionario vietnamita, e Presidente (1954 - 1969) de Vietnam do Norte.

Ho Chi Minh
Ho Chi Minh 1946.jpg
Nguyễn Sinh Cung
Datos persoais
Nacemento19 de maio de 1890
Falecemento2 de setembro de 1969 e 1969
OrganizaciónPartido Comunista de Indochina
Viet Minh
Fronte Nacional de Liberación
Partido Comunista de Vietnam
PaiNguyễn Sinh Sắc
NaiHoang Thi Loan
Cónxuxevalor descoñecido e Tang Tuyet Minh
Alma máterUniversidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente
ProfesiónPolítico
RelixiónReligião tradicional vietnamita
Ho Chi Minh Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Recibiu o nome de Nguyễn Tất Thành aos 10 anos. Aos 15 anos emigrou a Europa, onde se adheriu ó comunismo durante a súa estancia en Francia (1915 - 1923). En 1919, Ho Chi Minh tentou solicitar na conferencia de Versalles igualdade de dereitos para a colonia de Indochina. Membro fundador do PCF, trasladouse a Moscova. Mais tarde foi enviado polo Komintern a Hong Kong, onde fundou o Partido Comunista de Indochina tralas revoltas de 1930 en Vietnam.

Adoptou o nome de Ho Chi Minh (o que ilumina), e volveu ó seu país en 1941, formando o Viet Minh (Viet Nam Da Lap Dong Minh Hoi, Liga para a Independencia de Vietnam) ó que se adheriron grupos nacionalistas, quedando Vo Nguyen Giap ó mando dos grupos armados.

Declaración de Independencia e guerraEditar

O 2 de setembro de 1945 declarou a independencia de Vietnam, pero ao non aceptala os franceses na conferencia de Fontainebleau, en decembro de 1946 desatouse a guerra. Trala vitoria de Dien Bien Phu (7 de maio de 1954), foi proclamado Presidente da República Democrática de Vietnam. Ao non convocarse o referendo sobre a unificación dos dous estados, en 1959 ordenou o apoio ás guerrillas que xa actuaban dende o ano anterior en Vietnam do Sur, formando a Fronte Nacional de Liberación (FNL), o que provocou a intervención dos Estados Unidos, guerra que non vería rematada.

 
Mausoleo de Ho Chi Min en Hanoi

Durante moitos anos viviu nunha pequena casa, pese aos ofrecementos do goberno de trasladarse a un mellor domicilio.

En 1975 Saigón foi renomeada Cidade Ho Chi Minh.

Precedido por
Bảo Đại


Presidente da República Democrática de Vietnam
2 Setembro 1945 – 2 Setembro 1969
Sucedido  por
Tôn Đức Thắng
Precedido por
Trần Trọng Kim


Primeiro Ministro da República Democrática de Vietnam
2 Setembro 1945 – 20 Setembro 1955
Sucedido  por
Phạm Văn Đồng
Precedido por
Título novo


Presidente do Partido Comunista de Vietnam
1951 – 1969
Sucedido  por
Ninguén
Precedido por
Trường Chinh


Secretario Xeral do Partido Comunista de Vietnam
1956 – 1960
Sucedido  por
Lê Duẩn

Véxase taménEditar