Hipólito Gallego Camarero
Hipólito Gallego Camarero, nado en Badaxoz o 30 de xaneiro de 1897[1] e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un mestre e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1897 Badaxoz, España |
Morte | 4 de outubro de 1936 (39 anos) Mondariz, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Cónxuxe | Josefa García Segret |
Traxectoria
editarAprobou as oposicións de maxisterio en 1927. Foi mestre de Seavia (Coristanco) en 1927,[2] de Carreira (Ribeira) en 1929,[3] e dende 1930 de Forcadela (Tomiño). Pertenceu á Sociedade agraria de Forcadela. En 1933 foi acusado de abusos deshonestos e escándalo público como parte dunha campaña política na súa contra promovida polo cura Antonio Somé. Detido, foi procesado polo xulgado de Tui e xulgado polo tribunal do xurado na Audiencia de Pontevedra o 12 de maio de 1935, a sentenza foi absolutoria.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos dirixentes da resistencia armada na zona de Tui. Cando foron derrotados fuxiu ao monte. Foi apresado e permaneceu na prisión de Tui onde o torturaron. O 4 de outubro, con foi sacado por falanxistas e paseado xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Fernando Rubio Estévez, Domingo Páramos Núñez e Francisco Rodríguez Otero. Hipólito foi martirizado antes e despois da execución. Os seus corpos foron tirados na vía pública na entrada de Mondariz. Despois de morto abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[5]
Vida persoal
editarCasou con Josefa García Segret.
Notas
editar- ↑ El Magisterio Español, 10-5-1927, p. 9.
- ↑ El Eco de Santiago, 16-9-1927, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 18-12-1929, p. 2.
- ↑ Acusacións a un mestre: Hipólito Gallego.
- ↑ BOE, 9-12-1941, p. 4552.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- O asasinato Galicia Suroeste