Fernando Rubio Estévez
político galego
Fernando Rubio Estévez, nado en Tui e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un político galego.
Fernando Rubio Estévez | |
---|---|
Lugar de nacemento | Tui |
Falecemento | 4 de outubro de 1936 |
Lugar de falecemento | Mondariz |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Veciño de Guillarei. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959.[1]
Notas editar
- ↑ "Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3.