Domingo Páramos Núñez

agrarista e político galego

Domingo Páramos Núñez, nado en Tui cara a 1871 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaDomingo Páramos Núñez
Biografía
Nacementoc. 1871 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Mondariz, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValle de Cuelgamuros (1959–)
Mondariz (1936–1959) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12908

Traxectoria

editar

Exemigrante nos Estados Unidos e na Arxentina. Ferreiro de Caldelas de Tui de ideoloxía anarcosindicalista. Nos anos vinte foi presidente da Sociedad Agraria de Caldelas, encabezou unha protesta das sociedades obreiras e agrarias de Tui pola fraude nas eleccións a Cortes de 1923,[1] e foi detido en outubro de 1923 xunto co secretario da sociedade, Bernardo Troncoso Sotelo, acusados de coacción e sabotaxe.[2] Na República foi elixido concelleiro de Tui,[3] foi destituído logo da folga xeral revolucionaria de 1934. Foi detido en xuño de 1935 con Ramón Leopoldo Márquez Vázquez e outros, acusados do incendio da igrexa de Baldráns.[4] Foi reposto como concelleiro o 21 de febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Fernando Rubio Estévez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados a Cuelgamuros o 26 de marzo de 1959.[5] Nos anos sesenta a súa viúva recibiu un comunicado da Xefatura do Estado no que se lle informaba que os restos do seu home estaban no Valle de los Caídos.[6]

Vida persoal

editar

Casou con Juliana Riol Casado e foi pai de Ferrer, Libertad, Aurora, Armonía, Verdad, Floreal, Progreso, Espronceda, Domingo e Julia Páramos Riol.

  1. La Zarpa, 22-5-1923, p. 1.
  2. Galicia Nueva, 23-10-1923, p. 1.
  3. Tribuna, 10-9-1933, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 22-6-1935, p. 13.
  5. "Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3.
  6. A familia dun represaliado de Tui reclama o traslado dos seus restos do Val dos Caídos á Galiza

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar