Manuel Piñeiro Zúñiga
Manuel Piñeiro Zúñiga, nado en Noia cara a 1901 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Manuel Piñeiro Zúñiga | |
---|---|
Nacemento | 1901 |
Lugar de nacemento | Noia |
Falecemento | 4 de outubro de 1936 |
Lugar de falecemento | Mondariz |
Nacionalidade | España |
Ocupación | comerciante e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Comerciante de Amorín e membro da sociedade agraria, foi nomeado vicesecretario da Sociedad Judicial Agraria presidida por Antón Alonso Ríos en febreiro de 1932.[1] Na República foi concelleiro de Tomiño.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Fernando Rubio Estévez, Manuel Pérez Besada, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 e foi sancionado con 50.000 pesetas.[3] Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959.[4]
Vida persoal editar
Casou en Amorín con Pilar Zúñiga Álvarez en 1928.[5]