Foca grisalla

(Redirección desde «Halichoerus grypus»)

A foca grisalla[1], tamén coñecida como foca cincenta[2] e lobo mariño cincento,[2] denominada co nome científico de Halichoerus grypus (que significa 'porco de mar de fociño ganchudo'), é unha especie de foca que se encontra en ambas as beiras do Atlántico Norte. É un gran pinnípede da familia dos fócidos e a única especie do xénero Halichoerus.[3][4]

Foca grisalla
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Superfamilia: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Halichoerus
Nilsson, 1820
Especie: H. grypus
Nome binomial
Halichoerus grypus
(Fabricius, 1791)

Foca grisalla
Femia con cría
Macho

Taxonomía

editar

Recoñécense dúas subespecies desta foca:[5]

  • Halichoerus grypus grypus (do mar Báltico), antes coñecida como H. g. macrorhynchus e H. g. balticus
  • Halichoerus grypus atlantica (do Atlántico Norte)

O espécime tipo de H. g. grypus (espécime ZMUC M11-1525, capturado nas illas de Amager) foi redescuberto en 2016, e unha proba de ADN mostrou que pertencía en realidade a un espécime do Báltico en vez de proceder de Groenlandia, como se asumira previamente. O nome H. g. grypus foi, por tanto, transferido á subespecie do Báltico (substituíndo ao anterior H. g. macrorhynchus), mentres que o nome H. g. atlantica foi recuperado para a subespecie do Atlántico.[6]

Os estudos moleculares indicaron que as poboacións atlánticas occidentais e orientais levan sendo xeneticamente distintas desde hai polo menos un millón de anos,e potencialmente poderían considerarse subespecies separadas.[7]

Descrición

editar

É unha foca grande, con machos nas poboacións do Atlántico leste que acadan os 2,5–3,3 m de longo e un peso de 170-310 kg; as femias son moito menores, normalmente de 1,6–2,0 m e 100–190 kg. Os individuos do oeste do Atlántico adoitan ser máis grandes, con machos que chegan aos 400 kg e femias que pesan ata 250 kg.[8] Distínguese da foca común polo seu perfil recto da cabeza, fociño ben separado, e por ter menos manchas polo corpo.[9][10] Carecen de orellas (como é típico nos fócidos) e teñen fociños caracteristicamente grandes.[11] Os machos teñen fociños máis grandes e un perfil menos curvado que os machos das focas comúns. Os machos son xeralmente máis escuros que as femias, con manchas máis claras e a miúdo cicatrices arredor do pescozo. As femias son de grises prateadas a marróns con manchas escuras.

Ecoloxía e distribución

editar
 
Grupo de focas grisallas sobre as areas de Stiffkey, Norfolk
 
Focas grisallas no lago do glacial Jökulsárlón, Islandia

Na Baía Alemá, hai colonias nas illas Sylt e Amrum e en Heligoland.[12]

No Reino Unido e Irlanda, reprodúcense en varias colonias costeiras, das cales son especialmente grandes as de Blakeney Point en Norfolk, Donna Nook en Lincolnshire, as illas Farne da costa de Northumberland (uns 6000 animais), Orcadas e North Rona.[13] na costa norte de Escocia, illa Lambay na costa de Dublín e illa Ramsey na costa de Pembrokeshire.

Ademais destas colonias moi grandes, hai outras moito máis pequenas, algunhas das cales son ben coñecidas como atraccións turísticas. Entre tales colonias está a das rochas Carrack en Cornualla.

Ademais, en Europa existe unha poboación illada no mar Báltico,[14] que constitúe a subespecie H. grypus balticus.

No oeste do Atlántico Norte encóntrase en gran número nas augas costeiras do Canadá e cara ao sur ata Nantucket nos Estados Unidos. No Canadá, vese nomalmente no golfo do San Lourenzo, Terra Nova, as Marítimas e o Quebec. A maior colonia do mundo é a da illa Sable, Nova Escocia. Nos Estados Unidos encóntrase todo o ano polas costas de Nova Inglaterra, en particular Maine e Massachusetts. As probas arqueolóxicas confirman que as focas grisallas vivían do sur de Nova Inglaterra e atopáronse restos en Block Island, Martha's Vineyard e preto da desembocadura do río Quinnipiac en New Haven, Connecticut.[15] A súa área natural esténdese agora moito máis ao sur do que previamente se recoñecía, e hai avistamentos confirmados en Carolina do Norte. Ademais, hai un informe de Farley Mowat de colonias reprodutoras históricas tan ao sur como o cabo Hatteras, Carolina do Norte.[4]

Durante os meses de inverno poden verse descansando sobre rochas, illas, e bancos de area non lonxe da costa, e ocasionalmente veñen descansar a terrra. Na primavera as crías acabadas de desleitar e as dun ano aparecen por veces varadas en praias despois de quedaren separdas do seu grupo.

 
Foca grisalla en catividade que está sendo alimentada, mostrando a forma do seu fociño

As focas grisallas aliméntanse dunha ampla variedade de peixes, principalmente bentónicos ou demersais, capturadas a profundidades de 70 m ou máis. Os peixes Ammodytes spp son importantes na súa dieta en moitas localidades. O bacallau e outros gádidos, peixes planos, arenques,[16] lábridos[17] e raias[18] son tamén importantes localmente. Porén, está claro que a foca grisalla come calquera cousa que estea dispoñible, incluíndo polbos[19] e lumbrigantes.[20] As súas necesidades de comida diarias estímanse en 5 kg, aínda que a foca non come todos os días e xaxúa durante a estación reprodutora.

Observacións e estudos recentes en Escocia, Países Baixos e Alemaña mostraron que as focas grisallas tamén comen grandes animais como focas comúns e toniñas comúns.[21][22][23] En 2014, un macho no mar do Norte foi documentado e filmado matando e canibalizando 11 crías da súa propia especie no decurso dunha semana. Feridas similares nas carcasas de crías atopadas noutros sitios da rexión suxiren que o canibalismo e o infanticidio poden non ser raros nas focas grisallas. Os machos poden realizar ese comportamento quizais como unha forma de incrementar o seu éxito reprodutor accedendo a presas fáciles sen abandonar o seu territorio principal.[24]

Reprodución

editar
 
Femia (esquerda) e macho (dereita) de foca cincent apareándose en Donna Nook, Lincolnshire, Reino Unido

As focas grisallas aliméntanse para acumular graxa, que é utilizada cando se reproducen e aleitan as crías, xa que non saen a buscar comida durante ese tempo. Paren unha soa cría cada ano. Os anos reprodutores das femias empezan xa aos 4 anos de idade e prolónganse ata que teñen 30 anos. A femia presta todos os coidados parentais. Durante a reprodución, os machos só defenden as femias doutros machos para aparearse.[25] As crías nacen cunha masa duns 14 kg.[26] Nacen en outono (de setembro a decembro) no Atlántico leste e en inverno (de xaneiro a febreiro) no oeste, cun pelame denso, suave, sedoso e branco; nacen pequenas pero engordan rapidamente co leite da súa nai extremadamente rico en graxa. A graxa pode consistir nun 60% de graxa.[26] As crías de foca grisalla son precoces, e s nais retornan ao mar para alimentarse unha vez que as crías foron desleitadas. As crías tamén realizan un xaxún post-desleitamento antes de abandonaren a terra e aprenderen a nadar.[27] En aproximadamente un mes mudan o pelame, e crécelles a pelame densa e impermeable de adulto, e saen ao mar para pescar eles mesmos. En anos recentes, o número de focas grisallas aumentou no oeste e nos Estados Unidos[28] e o Canadá,[29] neste último país houbo peticións de que se sacrificasen en certo número.

 
Cría de poucos días

As taxas de supervivencia ao primeiro ano das crías estímase que varían do 80-85%[30][31] a menos do 50%[32] dependendo da localización e das condicións. A fame debido a dificultades para aprender a alimentarse, parece ser a principal causa da morte das crías.[33]

Status

editar

A IUCN considera que o status da especie é pouco preocupante, pero no pasado nalgúns países a especie fora case erradicada. Nos Estados Unidos, despois do seu case exterminio por causa da caza polo seu aceite, carne e peles, os avistamentos de exemplares empezaron a incrementarse a finais da década de 1980. Pagábanse recompensas por todos os tipos de focas ata 1945 en Maine e 1962 en Massachusetts.[34] Un ano despois de que o Congreso aprobase en 1972 a Lei de Proteción de Mamíferos Mariños que impedía facer dano ou acosar as focas, un exame de toda a costa de Maine atopou só 30 focas grisallas.[34] Ao principio as primeiras poboacións de foca grisalla incrementáronse lentamente, despois aumentaron máis nas illas de Maine ata a illa Monomoy e illa de Nantucket da costa de cabo Cod. A colonia reprodutora máis ao sur estableceuse na illa Muskeget con cinco crías nacidas en 1988 e unhas 2000 contadas en 2008.[35] Segundo un estudo xenético, a poboación dos Estados Unidos formouse como resultado da recolonización por focas canadenses.[35] En 2009, miles de focas grisallas estableceron a súa residencia en ou preto de praias populares para o turismo recreativo na parte externa de cabo Cod, o que tivo como resultado que se observaron tiburóns brancos preto da costa que viñan cazar as focas.[36] En 2011 nun reconto nas augas da costa sueste de Massachusetts do Servizo Nacional de Pesquerías Mariñas atopáronse 15756 focas grisallas.[37] As focas grisallas están incrementándose en augas dos estados de Nova York e Nova Jersey, e espérase que establezan colonias máis ao sur.

No Reino Unido as focas están protexidas pola lei desde 1970, pero esa lei non se aplica en Irlanda do Norte. No Reino Unido houbo peticións por parte de pescadores de que se fixesen sacrificios destes animais, que consideran que os bancos de peixes diminuíron debido ás focas.

A poboación no mar Báltico incrementouse nun 8% ao ano entre 1990 e mediados da década de 2000 e quedou estancada desde 2005. Desde 2011 cazar focas grisallas é legal en Suecia e Finlandia e utilízase unha cota do 50%. Outra causa antropoxénica da morte desta especie é o afogamento en redes de pesca.[38]

Catividade

editar

As focas grisallas poden acostumarse a vivir en catividade e atópanse comunmente en zoos na súa área nativa, especialmente en Europa. Tradicionalmente foron animais de circo populares e a miúdo foron usados en espectáculos facendo actos de equilibrio e exhibición. No mar Negro preto das costas de Ucraína observouse polo menos unha foca grisalla, probablemente escapada da catividade.[39]

  1. González González, Manuel (ed.). "Foca grisalla". Tergal. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. Consultado o 09/12/2024. 
  2. 2,0 2,1 "Lobo mariño cincento". CEMMA. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  3. Sokolov, Vladimir (1984). Пятиязычный словарь названий животных. Млекопитающие. Moscow. 
  4. 4,0 4,1 Mowat, Farley, Sea of Slaughter, Atlantic Monthly Press Publishing, First American Edition, 1984.
  5. Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  6. Olsen, Morten Tange; Galatius, Anders; Biard, Vincent; Gregersen, Kristian; Kinze, Carl Christian (abril de 2016). "The forgotten type specimen of the grey seal [Halichoerus grypus (Fabricius, 1791)] from the island of Amager, Denmark". Zoological Journal of the Linnean Society 178 (3): 713–720. doi:10.1111/zoj.12426. 
  7. Boskovic, R.; et al. (1996). "Geographic distribution of mitochondrial DNA haplotypes in grey seals (Halichoerus grypus)". Canadian Journal of Zoology 74 (10): 1787–1796. doi:10.1139/z96-199. 
  8. Gray Seal (marine mammals) Arquivado 09 de outubro de 2018 en Wayback Machine. . what-when-how.com
  9. "How to identify British seals". BBC Wildlife. BBC. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  10. Middleton, Kevin. "Get the lowdown on seals". RSPB. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  11. Schuster, Marreno; Glen, Megan (2011). Marine Science: The Dynamic Ocean. US Satellite Laboratory: Pearson. p. 107. ISBN 978-0-13-317063-4. 
  12. Hahn, Melanie (13 de xaneiro de 2010). "Kegelrobben-Geburtenrekord auf Helgoland". Nordseewolf Magazin (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 31-03-2016. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  13. Stewart, J.E.; et al. (2014). "Finescale ecological niche modeling provides evidence that lactating grey seals (Halichoerus grypus) prefer access to fresh water in order to drink" (PDF). Marine Mammal Science 30 (4): 1456–1472. doi:10.1111/mms.12126. 
  14. Bowen, D. (2016). "Halichoerus grypus". The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T9660A45226042. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T9660A45226042.en. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  15. Waters, Joseph H. (febreiro de 1967). "Gray Seal Remains from Southern New England Archeological Sites". Journal of Mammalogy 48 (1): 139–141. JSTOR 137818. doi:10.2307/1378182. 
  16. Stenman, Olavi (2007). "How does hunting grey seals (Halichoerus grypus) on Bothnian Bay spring ice influence the structure of seal and fish stocks?" (PDF). International Council for the Exploration of the Sea. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. Análises dos otólitos dos peixes e outras partículas duras no tracto alimentario mostraron claramente que os arenques (Clupea harengus) eran o item de presas máis importante. 
  17. Ridoux, Vincent; Spitz, J.; Vincent, Cecile; Walton, M. J. (2007). "Grey seal diet at the southern limit of its European distribution: combining dietary analyses and fatty acid profiles" (PDF). Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 87 (1): 255–264. doi:10.1017/S002531540705463X. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  18. Savenkoff, Claude; Morissette, Lyne; Castonguay, Martin; Swain, Douglas P.; Hammill, Mike O.; Chabot, Denis; Hanson, J. Mark (2008). "Interactions between Marine Mammals and Fisheries: Implications for Cod Recovery". En Chen, Junying; Guo, Chuguang. Ecosystem Ecology Research Trends. Nova Science Publishers. p. 130. ISBN 978-1-60456-183-8. 
  19. "Grey seal". Wales Nature & Outdoors. BBC Wales. 25 de febreiro de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  20. "The Grey Seal". Ask about Ireland. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  21. Leopold, Mardik F.; Begeman, Lineke; van Bleijswijk, Judith D. L.; IJsseldijk, Lonneke L.; Witte, Harry J.; Gröne, Andrea (2014). "Exposing the grey seal as a major predator of harbour porpoises". Proceedings of the Royal Society 282 (1798): 20142429. PMC 4262184. PMID 25429021. doi:10.1098/rspb.2014.2429. 
  22. van Neer, Abbo; Jensen, Lasse F.; Siebert, Ursula (2015). "Grey seal (Halichoerus grypus) predation on harbour seals (Phoca vitulina) on the island of Helgoland, Germany". Journal of Sea Research 97: 1–4. doi:10.1016/j.seares.2014.11.006. 
  23. Hillmer, Angelika (16 de febreiro de 2015). "Kegelrobben mit großem Appetit auf Schweinswale" [Grey seals with a great appetite for porpoises]. Hamburger Abendblatt (en alemán). 
  24. First video footage of seal drowning and eating a pup. New Scientist (15 de febreiro de 2016)
  25. Bubac, Christine M.; Coltman, David W.; Don Bowen, W.; Lidgard, Damian C.; Lang, Shelley L. C.; den Heyer, Cornelia E. (xuño de 2018). "Repeatability and reproductive consequences of boldness in female gray seals". Behavioral Ecology and Sociobiology 72 (6). ISSN 0340-5443. doi:10.1007/s00265-018-2515-5. 
  26. 26,0 26,1 "Autumn spectacle: grey seal colonies". BBC Earth. 10 de outubro de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  27. Bowen, William D.; Heyer, Cornelia E. den; McMillan, Jim I.; Iverson, Sara J. (2015-04-01). "Offspring size at weaning affects survival to recruitment and reproductive performance of primiparous gray seals". Ecology and Evolution (en inglés) 5 (7): 1412–1424. ISSN 2045-7758. PMC 4395171. PMID 25897381. doi:10.1002/ece3.1450. 
  28. Bidggod, Jess (16 de agosto de 2013) Thriving in Cape Cod’s Waters, Gray Seals Draw Fans and Foes. New York Times
  29. Plan to cull 70,000 grey seals gets Senate panel's approval – Newfoundland & Labrador – CBC News. Cbc.ca. 23 de outubro de 2012.
  30. Ailsa j, Hall; Bernie j, Mcconnell; Richard j, Barker (2008). "Factors affecting first-year survival in grey seals and their implications for life history strategy". Journal of Animal Ecology 70: 138–149. doi:10.1111/j.1365-2656.2001.00468.x. 
  31. Mortality and morbidity in Grey seal pups Halichoerus grypus Studies on its causes effects of environment the nature and sources of infectious agents and the immunological status of pups
  32. http://friendsofhorseyseals.co.uk/
  33. http://friendsofhorseyseals.co.uk/
  34. 34,0 34,1 Barbara Lelli; David E. Harris & AbouEl-Makarim Aboueissa (2009). "Seal Bounties in Maine and Massachusetts, 1888 to 1962". Northeastern Naturalist 16 (2): 239–254. doi:10.1656/045.016.0206. 
  35. 35,0 35,1 Wood, S.A.; Frasier, T.R.; McLeod, B.A.; Gilbert, J.R.; White, B.N.; Bowen, W.D.; Hammill, M.O.; Waring, G.T.; Brault, S. (2011). "The genetics of recolonization: an analysis of the stock structure of grey seals (Halichoerus grypus) in the northwest Atlantic". Canadian Journal of Zoology 89 (6): 490–497. doi:10.1139/z11-012. 
  36. Once again, coastal waters getting seals’ approval Boston Globe. 3 de outubro de 2009.
  37. Gray Seal (Halichoerus grypus grypus): Western North Atlantic Stock (PDF) (Informe). NMFS, NOAA. abril de 2014. pp. 342–350. Consultado o 2015-06-15. 
  38. Bäcklin, Britt-Marie; Moraeus, Charlotta; Kunnasranta, Mervi; Isomursu, Marja (2 de setembro de 2011). "Health Assessment in the Baltic grey seal (Halichoerus grypus)". HELCOM Indicator Fact Sheets 2011. HELCOM. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  39. Kovtun O.O. (2011) Rare sightings and video-recording of the grey seal, Halichoerus grypus (Fabricius, 1791), in coastal grottoes of the eastern Crimea (Black Sea). Marine Ecological Journal Arquivado 03 de agosto de 2012 en Wayback Machine., 10(4):22. (en ruso)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar