Abrir o menú principal

Gregory Efthimios Louganis (|luːˈgeɪnᵻs), nado en El Cajón (California) o 29 de xaneiro de 1960) é un ex-saltador estadounidense. Gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, outras dúas en Seúl e unha de prata en Montreal,[1] ademais de cinco campionatos do mundo.[2] Foi chamado "o máis grande saltador estadounidense"[3] e "probablemente o máis grande saltador da historia".[4]

Greg Louganis
Greglouganis.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1960
 San Diego, California
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade da Califórnia em Irvine e Universidade de Miami
Ocupaciónsaltador de trampolín, autobiógrafo, saltador e Adestrador
PremiosInternational Swimming Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Louganis é un activista polos dereitos dos homosexuais[5] e traballa frecuentemente con Human Rights Campaign para defender as liberdades civís da comunidade LGTB e as persoas diagnosticadas con VIH/SIDA.[6]

Índice

TraxectoriaEditar

IniciosEditar

A súa familia biolóxica era de Samoa e de Suecia, mais criouse en California cos seus pais adoptivos, unha parella de ascendencia grega.[7] Comezou a recibir clases de ganza, acrobacias e ximnasia aos 18 meses, tras intentar unirse á súa irmá mentres a vía nas clases. Aos tres anos practicaba diariamente, competía e facía exhibiciós públicas.[8] Nos seguintes anos, competiu regularmente e actuou en diferentes lugares, incluíndo a base naval local. De neno diagnosticáronlle asma e alerxias, así que impulsárono a continuar coa danza e a ximnasia para mellorar a súa condición. Tamén comezou a saltar do trampolín, e con nove anos comezou con clases de salto despois de que a familia construíse unha piscina.[9]

CarreiraEditar

Aos dezaseis anos participou nos Xogos Olímpicos de 1976, onde gañou a medalla de prata tralo italiano Klaus Dibiasi. Dous anos despois, con Dibiasi retirado, gañou o seu primeiro título mundial no campionato celebrado en Berlín Occidental.

En 1978, aceptou saltar para a Universidade de Miami onde estudou teatro, mais en 1981 pasou á Universidade de California, Irvine, onde se graduou como Bachelor of Arts.[10]

Louganis gañou dúas medallas nos Xogos Panamericanos de 1979 celebrados en Porto Rico. Aquí gañou ao seu gran rival, o mexicano Carlos Girón na que foi a gran xesta captada no filme oficial dos Xogos.

Louganis era favorito para gañar o ouro nos Xogos Olímpicos de 1980, mais o boicot dos Estados Unidos, ditado polo presidente Jimmy Carter en protesta pola invasión soviética de Afganistán, impediulle participar. Posteriormente gañou dous títulos mundiais en Guayaquil, onde se converteu no primeiro saltador nun encontro internacional en lograr a puntuación perfecta de 10 de todos os xuíces,[9] e dúas medallas de ouro olímpicas nos Ánxeles. Repetiu o feito nos mundiais de Madrid (1986) e nos Xogos Olímpicos de Seúl. Non obstante, nesta edición dos xogos sufriu un accidente ao saltar da plataforma de tres metros que lle provocou unha hemorraxia ao golpear a cabeza con trampolín.[8]

En 1993 ingresou no International Swimming Hall of Fame, Salón da Fama Internacional dos deportes acuáticos.[2] Está considerado o mellor saltador olímpico de todos os tempos.

Vida posteriorEditar

En 1994, Louganis anunciou que era homosexual e o ano seguinte publicouse a súa autobiografía, escrita con Eric Marcus e titulada Breaking the Surface. Louganis revelou que sufriu abusos por parte da súa parella e preparador R. James "Jim" Babbitt e que era VIH positivo e contraera o virus de Babbitt.[11] A nova causou controversia pola lembranza do golpe que lle provocou perda de sangue en Seúl. Con todo, aquel feito non era motivo de risco infección aos demais saltadores, xa que o sangue estaba disolto en moitos litros de auga con cloro e ademais a pel é unha barreira efectiva contra o VIH.[12] Tralo anuncio de ser portador do VIH, perdeu a maioría dos patrocinadores, coa excepción de Speedo.

En 1997 realizouse un telefilme baseado na súa biografía, Breaking the Surface: The Greg Louganis Story, dirixido por Steven H. Stern e protagonizado polo actor Mario Lopez. En 1999, publicouse o seu segundo libro, For the Life of Your Dog: A Complete Guide to Having a Dog From Adoption and Birth Through Sickness and Health, coescrito Betty Sicora Siino.[13]

NotasEditar

Véxase taménEditar