Gríma
Gríma Lingua de Verme é un personaxe ficticio da novela de J. R. R. Tolkien O Señor dos Aneis. Trátase dun home de Rohan, aínda que os seus antergos proviñan dos homes das Terras Brunas.
Gríma | |
---|---|
Tipo | personaxe do universo de Tolkien e personaxe cinematográfico de fantasía ![]() |
Papel | secuaz ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Universo ficticio | legendarium de Tolkien ![]() |
Biografía | |
Data de nacemento | valor descoñecido ![]() |
Grupo étnico | Rohirrim ![]() |
Sexo | home ![]() |
Actividade | |
Ocupación | conselleiro ![]() |
Familia | |
Pai | Gálmód ![]() |
[ Wikidata ] |
Gríma foi un home intelixente e astuto pero de aspecto físico enxoito e pálido, cunha ollada sombría e un riso sinistro. Durante a guerra do Anel exercía de conselleiro do rei Théoden e o seu principal cometido era manter as relacións diplomáticas cos pobos veciños.
Historia
editarDurante a guerra do Anel, Gríma mantivo unha relación secreta con Saruman, actuando de espía. Tiña como misión debilitar o seu rei. Foi alcumado Lingua de Verme dado que xa había xente que coñecía as súas verdadeiras intencións.
Cando Lingua de Verme se achegou a Éowyn con intencións deshonestas, o seu irmán, Éomer, ameazouno en Edoras coa espada. Dende entón, Gríma esforzouse en desacreditar a Éomer ante o Rei. Logrou o seu obxectivo e conseguiu que o terceiro mariscal da Marca fose encarcerado por desobedecer a orde de Théoden, suxerida por Gríma, de non enfrontarse cos orcos de Isengarda.
Cando Gandalf o Mago chegou a Meduseld, acompañado de Aragorn, Gimli e Legolas, interveu e curou o rei do feitizo que pesaba sobre el.
Despois de que Gandalf o desenmascarase, Lingua de Verme correu a ver a Saruman para ocultarse en Orthanc. No camiño foi interceptado por Bárbore, quen alertado por Gandalf o esperou preto do lago que os Ents crearan arredor de Orthanc coas augas do río Isen durante a destrución de Isengarda. Gríma intentou convencer o Ent de que viña como mensaxeiro de Théoden. Pero nin Bárbore nin Merri nin Pipin o creron.
Dende o alto de Orthanc lanzou o Palantír, sen saber o valioso que era, coa intención de ferir algún dos presentes da comitiva encabezada polo rei de Rohan e Gandalf.
Cando Bárbore permitiu que Saruman deixase Isengarda, Gríma seguiuno na súa viaxe á Comarca. Por orde de Saruman asasinou o "xefe" Lotho Sacovila-Bulseiro.
Trala liberación da Comarca, Frodo ofrécelle quedar alí e compensar o dano causado, mais Saruman revélalles ós hobbits que foi Gríma quen matou a Lotho. O odio fixo que Gríma matase a Saruman nun movemento que os hobbits non puideron evitar. Logo botou a correr, pero axiña foi alcanzado por varias frechas hobbits.
Adaptacións cinematográfica
editarNa triloxía do director Peter Jackson, Gríma é interpretado por Brad Dourif, e o seu papel ten máis importancia que no libro.
Na versión estendida da terceira parte, morre doutra forma. Cando Gandalf rompe a vara a Saruman, Gríma sae a unha fiestra e Théoden volve a perdoarlle a vida ordenándolle que baixe e se reúna con el. Saruman non llo permite e dálle un golpe na cara a Gríma tirándoo contra o chan da cúspide de Orthanc. Saruman dáse a volta e Gríma apuñálao polas costas. O cadáver de Saruman cae de Orthanc e queda empalado nunha máquina esnaquizada. Pero Legolas nun momento de tensión, dispáralle unha frecha no corazón a Gríma e este morre no acto, quedando o seu cadáver en Orthanc.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |