Gorila

xénero de mamíferos
(Redirección desde «Gorilla»)

Os gorilas[1] constitúense como o epónimo do genus Gorilla, sendo os maiores primates existentes por tamaño. Son animais herbívoros que habitan as selvas tropicais de África central. O xénero está dividido en dúas especies, e de catro a cinco subespecies segundo os zoólogos. O ADN dos gorilas é moi semellante ao do ser humano, cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos bonobos e os chimpancés.[2]

Gorila

Macho adulto de Gorilla gorilla. .
(Gorilla gorilla)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Gorillini
Xénero: Gorilla
(I. Geoffroy, 1852)
Especie tipo
'Gorilla gorilla'
(Savage, 1847)
Área de distribución dos gorilas. En cor laranxa o Gorilla gorilla e en cor amarela o Gorilla beringei.
Área de distribución dos gorilas. En cor laranxa o Gorilla gorilla e en cor amarela o Gorilla beringei.

Área de distribución dos gorilas. En cor laranxa o Gorilla gorilla e en cor amarela o Gorilla beringei.
Especies

Gorilla gorilla
Gorilla beringei

Sinonimia
  • Pseudogorilla Elliot, 1913

O hábitat natural dos gorilas é o bosque chuvioso de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de África, os gorilas distribúense nunha gran variedade de altitudes. Os Gorilla beringei beringei habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o Gorilla gorilla mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o nivel do mar.

Etimoloxía

editar

O físico e misioneiro americano Thomas Staughton Savage e o naturalista Jeffries Wyman foron os primeiros en describir o Gorilla gorilla, que eles chamaron Troglodytes gorilla en 1847 a partir de espécimes obtidos de Liberia.[3] O nome foi derivado do grego Γόριλλαι (Gorillai), que significa "tribo de mulleres peludas" [4]. Este nome foi dado polo cartaxinés Hannón o Navegante, quen posibelmente visitou a área que hoxe se coñece como Serra Leoa cara ao ano -480.[5]

Clasificación

editar
 
Área de distribución das catro subespecies de gorila.

Até hai pouco, considerábase que o gorila era unha única especie con tres subespecies: o Gorilla gorilla, o Gorilla beringei e o Gorilla beringei beringei. Na actualidade, o gorila está dividido en dúas especies, divididas á súa vez en dúas subespecies cada unha. Máis recentemente, tense afirmado a existencia dunha terceira subespecie de Gorilla beringei, a cal non recibiu unha denominación latina completa. Coñécese como Gorilla beringei beringei de Bwindi.

Debido á falta de consenso, os científicos continúan estudando as relacións entre as diferentes especies de gorila. Deseguido aparece a clasificación coas catro subespecies, que é a que conta co maior consenso científico:[6]

Comportamento e ecoloxía

editar

Os gorilas desprázanse xeralmente a catro patas. As súas extremidades anteriores son máis longas que as posteriores e aseméllanse a brazos, aínda que son utilizadas tamén como punto de apoio ao camiñar. Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.

O gorila é unha especie en perigo e foi branco de cazadores furtivos durante longos períodos de tempo. As ameazas á supervivencia dos gorilas inclúen a destrución do seu hábitat e a cacería. Esta última incrementouse cos conflitos armados nos países en que habita, e tamén por un crecente interese polas "carnes exóticas". Na actualidade, estímase que hai arredor de 100.000 Gorilla gorilla gorilla en liberdade e 4.000 en zoos. Pola súa banda, o Gorilla beringei graueri rolda os 4.000 individuos en liberdade e 24 en catividade. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[7]

Folerpa de Neve foi o único caso de gorila albino que se coñece até o momento presente. Calcúlase que naceu sobre 1964 e faleceu en Barcelona en 2003.

 
Gorila.
 
Dimorfismo sexual nas caveiras.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gorila.
  2. In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." "What It Really Means To Be 99% Chimpanzee" (en inglés). 10 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2013. 
  3. Conniff R. Discovering gorilla. Evolutionary Anthropology, 18: 55–61. doi 10.1002/evan.20203
  4. Γόριλλαι, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library
  5. Müller, C. (1855–61). Geographici Graeci Minores. pp. 1.1–14: text and trans. Ed, J. Blomqvist (1979). 
  6. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (Editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2013. 
  7. Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar