Especies ameazadas
Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Tetrao_urogallus_Richard_Bartz.jpg/220px-Tetrao_urogallus_Richard_Bartz.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e3/Cycas_micronesica_photo_courtesy_A._Gawel_%2815391498081%29.jpg/220px-Cycas_micronesica_photo_courtesy_A._Gawel_%2815391498081%29.jpg)
Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa explotación económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura e gandaría coa preservación da cobertura vexetal e polo tanto da diversidade da flora e da fauna.
Estado de conservación
editarO estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continúe a existir. Os factores usados nesta clasificación inclúen a amplitude da área de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.
Lista vermella
editarEntre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a lista vermella da UICN é a máis coñecida.
A UICN usa as seguintes categorías:[1]
- Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: dodo.
- Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: dromedario.
- Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremadamente alto de extinción nun futuro próximo.
- En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
- Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: guepardo, camelo da Bactria
- Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
- Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa supervivencia.
CITES
editarA Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) regula o comercio das especies ameazadas, co obxecto de asegurar a súa supervivencia. Contén tres "apéndices" nos que se clasifican estas especies. Todas as especies que se atopan en perigo de extinción se clasifican no Apéndice I, que é o que impón maiores restricións e limita o comercio destas especies só a casos excepcionais.[2] Ata 2009, 175 países se adheriran ao tratado.[3]
Clasificacións nacionais e subnacionais
editarAdemais das clasificacións internacionais, que comprenden a totalidade dos exemplares dun taxon a nivel mundial, outras empregan as mesmas categorías para indicar o grao de ameaza das poboacións dos taxons que habitan en zonas específicas, xeralmente a nivel estatal, aínda que tamén se emprega para rexións bioxeográficas ou entidades subestatais. Nestes casos as categorías asignadas a un mesmo taxon poden ser diametralmente opostas e un taxon pode ser abundante a nivel mundial, mais estar en perigo crítico nun país.
No caso de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente dispón, desde 2007, dun Catálogo galego de especies ameazadas.[4] Inicialmente figuraban nela 193 especies, e en 2011 engadíronse sete máis. Entre elas están, por exemplo, a ameixa perlífera de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.[5]
Exemplos de especies ameazadas
editarMamíferos ameazados
editar- Elefante asiático (Elephas maximus)
- Elefante africano de bosque (Loxodonta cyclotis)
- Elefante africano de sabana (Loxodonta africana)
- Balea azul (Balaenoptera musculus )
- Chimpancé (Pan troglodytes)
- Gorilla beringei
- Gorilla gorilla
- Panda xigante (Ailuropoda melanoleuca)
- Morcego cinza (Myotis grisecens)
- Leopardo (Panthera pardus)
- Orangután (Pongo pygmaeus e Pongo abelii)
- Cervo do padre David (Elaphurus davidianus)
- Lobo vermello (Canis rufus)
- Rinoceronte de Sumatra (Dicerorhinus sumatrensis)
- Antílope tibetano (Pantholops hodgsonii)
- Tigre (Panthera tigris)
- Peixe-boi das Indias Occidentais (Trichechus manatus)
- León da India.
Aves ameazadas
editarRéptiles ameazados
editarAnfibios ameazados
editarPeixes ameazados
editarCrustáceos ameazados
editarOutros artrópodos ameazados
editarPlantas ameazadas
editarNunha escala global, arredor do 12,5 % (unhas 34 000 especies) das plantas vasculares están na categoría de "ameazadas".[6] Porén, outras estimacións indican que o número de especies ameazadas probablemente se atope entre as 94 000 e as 144 000, é dicir, o 47% da flora mundial.[7] A Lista Vermella do 2008 (UICN) incluíu a avaliación de 12 055 especies de plantas, das que 8457 se atopaban ameazadas. Non obstante só se avaliou arredor do 4% (principalmente cícadas e coníferas) de aproximadamente 298 506 especies de plantas descritas, polo que non se pode dicir a partir dos datos achegados pola UICN que o 3% da flora mundial estea ameazada.[8]
Un exemplo de planta ameazada é a Tecophilaea cyanocroccus.
Notas
editar- ↑ UICN (2001). "Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN" (PDF). Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. pp. ii + 33 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2016.
- ↑ CITES. "¿Cómo funciona la CITES?". Consultado o 13-2-2009.
- ↑ CITES. "Países miembros". Arquivado dende o orixinal o 26-02-2009. Consultado o 13-2-2009.
- ↑ Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. (DOG do 9 de maio de 2007). Consultado o 12 de febreiro de 2020.
- ↑ Manuel Rey (9 de maio de 2018): O 98,5% das especies ameazadas en Galicia aínda non conta con plan de protección, en GCiencia. Consultado o 12 de febreiro de 2020.
- ↑ Coates, D.J.; Dixon, K.W. (1 de xaneiro de 2007). "Current perspectives in plant conservation biology". Australian Journal of Botany 55 (3): 187–193. Consultado o 21 de decembro de 2015.
- ↑ Pitman, Nigel C. A.; Jørgensen, Peter M. (1 de novembro de 2002). "Estimating the Size of the World's Threatened Flora". Science (en inglés) 298 (5595): 989–989. ISSN 0036-8075. PMID 12411696. doi:10.1126/science.298.5595.989. Consultado o 21 de decembro de 2015.
- ↑ Hilton-Taylor C., Pollock C.M., Chanson J.S., Butchart S.H.M., Oldfield T.E.E., Katariya V. (2009). Vié, J.-C., Hilton-Taylor, C. and Stuart, S.N., ed. State of the world's species (PDF). p. 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2015. Consultado o 29 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Especies ameazadas |