Dragón de Komodo
O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central.[3] É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.[4][5] Como resultado do seu tamaño, estes lagartos son depredadores alfa, e dominan os ecosistemas onde habitan.[6] Malia que os dragóns de Komodo se alimentan principalmente de prea, tamén emboscan e cazan presas, incluíndo invertebrados, aves e mamíferos.
Dragón de Komodo[1] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||
Vulnerable | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
'Varanus komodoensis' Ouwens, 1912[2] | |||||||||||
Distribución do dragón de Komodo.
|
Notas
editar- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Varanus komodoensis (TSN 202168)" (en inglés).
- ↑ Ouwens, P.A. (1912). "On a large Varanus species from the island of Komodo". Bull. Jard. Bot. Buit: 1–3.
- ↑ Trooper Walsh; Murphy, James Jerome; Claudio Ciofi; Colomba De LA Panouse (2002). Komodo Dragons: Biology and Conservation (Zoo and Aquarium Biology and Conservation Series). Washington DC: Smithsonian Books. ISBN 1-58834-073-2.
- ↑ Chris Mattison, (1989 & 1992). Lizards of the World. Nova York: Facts on File. pp. 16, 57, 99, 175. ISBN 0-8160-5716-8.
- ↑ Burness G, Diamond J, Flannery T (2001). "Dinosaurs, dragons, and dwarfs: the evolution of maximal body size". Proc Natl Acad Sci U S A 98: 14518–23. PMID 11724953. doi:10.1073/pnas.251548698.
- ↑ Tim Halliday (Editor), Kraig Adler (Editor) (2002). Firefly Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. Hove: Firefly Books Ltd. pp. 112, 113, 144, 147, 168, 169. ISBN 1-55297-613-0.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dragón de Komodo |