Gonzalo Acosta Pan
Gonzalo Acosta Pan, nado na Coruña o 31 de decembro de 1888 e finado na Caeira (Poio) o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.
Gonzalo Acosta Pan | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1888 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 12 de setembro de 1936 |
Lugar de falecemento | A Caeira |
Causa | ferida por arma de fogo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Empregado do Banco Pastor. Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, foi nomeado gobernador civil de Biscaia o 13 de outubro de 1933. Despois da escisión foi candidato nas eleccións de novembro de 1933 polo Partido Radical-Socialista Independiente. En 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña e presidiu a Agrupación Municipal do partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 26 de febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado, logrou fuxir nun primeiro momento, porén, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Pontevedra onde foi xulgado por traizón en consello de guerra o 8 de setembro, e condenado a pena de morte e multa de 1000 pesetas. Foi executado no monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7).
Ligazóns externasEditar
- Gonzalo Acosta Pan na páxina web Nomes e Voces.