Armando Peñamaría Álvarez
Armando Peñamaría Álvarez, nado na Fonsagrada en 1870 e finado na mesma vila o 1 de febreiro de 1955,[1] foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 A Fonsagrada, España |
Morte | 1 de febreiro de 1955 (84/85 anos) A Fonsagrada, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
1935 – 1936 | |
Gobernador civil da provincia de Murcia | |
29 de decembro de 1931 – 16 de agosto de 1932 – José María Varela Rendueles → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | médico, político |
Partido político | Partido Republicano Conservador |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como médico titular e forense da Fonsagrada ata a proclamación da Segunda República. Home de confianza de Manuel Portela Valladares, dirixiu o periódico O Tío Pepe e foi presidente do Sindicato Agrícola da Fonsagrada nos anos vinte.[2] Próximo ao Partido Republicano Progresista o 30 de decembro de 1931 foi nomeado gobernador civil de Murcia. Portela Valladares nomeouno gobernador civil de Pontevedra o 21 de decembro de 1935.[3] Foi elixido deputado centrista nas eleccións xerais de 1936 pola provincia de Lugo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido sen mediar proceso, ingresando na Prisión de Lugo o 22 de setembro e encarcerado no castelo de Ferrol.[4] Salvou a vida grazas a intervención do capitán do penal, antigo compañeiro de estudos. Foi procesado por coacción electoral en 1939.[5]
Vida persoal
editarCasou na Fonsagrada con María Pasarín Neira en 1921.[6]
Notas
editar- ↑ El Progreso, 3-2-1955, p. 5.
- ↑ El Progreso, 9-6-1920, p. 1.
- ↑ Gobernadores civís durante a II República
- ↑ "Peñamaría, una vida de leyenda". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 09 de decembro de 2016.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-11-1939, p. 5.
- ↑ El Eco de Santiago, 4-5-1921, p. 2.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Un ejército de arqueólogos en busca del Comandante Moreno en El País
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- Armando Peñamaría Álvarez na base de datos do proxecto Nomes e voces.