O Tío Pepe foi un quincenario editado na Fonsagrada en 1913.

O Tío Pepe

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua galega
Na rede
Galiciana: 577363
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Tiña como lema "Redención. Xusticia. Progreso. Unión. Guerra ós caciques. ¡Arriba gallegos, viv'a raza!" e apareceu o 31 de xaneiro de 1913. Dirixido probablemente por Armando Peñamaría Álvarez, de ideoloxía agrarista e integramente en galego, incluíu artigos sobre temas xerais, políticos e literarios e novas de carácter local. No seu primeiro número, no artigo "Presentación" afirmaba:

Non say ó público 'O Tío Pepe' pra decir nin facer cousas novas, non say por fachenda, nin porque teña habilidá de lucimento; say porque non lle leva o xenio estar calado ou acurrucado no escaño da cociña, vendo e oindo o que pasa; cousas que, se non de­bían verse nin oirse, non son tampouco pra aguantar; say pra dicir a verros o sentir en ben dos intere­ses dá nosa térra, da liberta dós fillos d’ela, e d’ela mesma.

Publicou poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Antonio Noriega Varela, Valentín Lamas Carvajal e Alberto Camino, relatos costumistas e populares e disertacións sobre a lingua galega e os seus problemas. Entre os seus colaboradores estaban Xan Lanas, pseudónimo do veterinario cotobadés, fincado na Fonsagrada, Constantino Fraguas e Aureliano Pereira. Cesou co número 20 o 26 de novembro de 1913.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar