José María Varela Rendueles

político e empresario galego

José María Varela Rendueles, nado en Madrid en 1904 finado na Coruña o 20 de decembro de 1986,[1] foi un avogado, político e empresario español.

José María Varela Rendueles
Nacemento1904
 Madrid
Falecemento20 de decembro de 1986
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi oficial do goberno civil de Biscaia e dende marzo de 1930 do de Pontevedra.[2] Militante de Acción Republicana, durante a Segunda República foi nomeado gobernador civil de Biscaia en decembro de 1931,[3] en agosto de 1932 pasou a ser gobernador civil de Murcia. Despois reincorposouse ao seu posto de oficial do goberno civil de Pontevedra. Cando se constituíu a organización de Izquierda Republicana de Pontevedra en maio de 1934, Varela foi nomeado secretario. En novembro de 1934 foi destinado ao goberno civil de Soria.[4] Co triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado gobernador civil de Biscaia,[5] e dende o 24 de maio de 1936 foi gobernador de Sevilla.[6]

Cando se produciu o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Varela era o gobernador civil de Sevilla. Despois de que o xeneral Queipo Llano sublevara a garnición a tarde do 18, Varela intentou resistir o golpe no goberno civil xunto a outras autoridades, como o xefe dos gardas de Asalto, o comandante José Loureiro. Tamén intentou, sen éxito, que o xefe da Base aérea de Tablada bombardeara as forzas sublevadas. Rexeitou as peticións do líder do PCE sevillano, Saturnino Barneto, para que entregase armas á poboación e poder resistir así o golpe.[7] Despois de que os sublevados disparasen un canonazo contra o goberno civil, Varela chamou por teléfono a Queipo de Llano e acordou a rendición a cambio de que respectara a súa vida.[8] Logo de ser feito prisioneiro,[9] foi enviado á prisión provincial xunto a outros como o alcalde, Horacio Hermoso, ou o presidente da deputación, José Manuel de Puelles.[10] Posteriormente foi xulgado en consello de guerra e condenado a morte, aínda que finalmente a sentenza foi reducida a 30 anos de prisión.[11]

ObrasEditar

  • Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde. Sevilla: Servicio de Publicaciones del Ayuntamiento, 1982.
  • Ventana en viaje, 1985.
  • El Yo escrito en mi árbol, 1987.

Vida persoalEditar

Casou en Santiago de Compostela con María de la Concepción Plá Varela en xaneiro de 1931.[12]

RecoñecementosEditar

Premio Cuidad de Sevilla polo libro Rebelión en Sevilla.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-12-1986, p. 67.
  2. El Pueblo Gallego, 25-3-1930, p. 9.
  3. Mercedes de Pablos (2005). La Hoz y las Flechas: Un comunista en Falange, Oberón, pág. 88
  4. El Pueblo Gallego, 27-11-1934, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 22-2-1936, p. 1.
  6. Julio Ponce Alberca (1999). Política, instituciones y provincias, Diputación de Sevilla, pág. 663
  7. Manuel Barrios (1990). El último virrey (Quiepo de Llano). Castillejo.
  8. Juan Ortiz Villalba (2006). Del golpe militar a la Guerra Civil: Sevilla 1936. RD Editores, pág. 124
  9. José Manuel Martínez Bande (2007). Los años críticos: República, conspiración, revolución y alzamiento. Madrid: Encuentro, pág. 279
  10. Nicolás Salas (1992). Sevilla fue la clave: república, alzamiento, Guerra Civil (1931-1939), Editorial Castillejo, pág. 432
  11. Francisco Espinosa (2006). La justicia de Queipo. Editorial Crítica: Barcelona, ISBN 84-8432-691-8, pp. 76-77
  12. El Pueblo Gallego, 8-10-1930, p. 8.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar