Sindicato Agrícola da Fonsagrada

O Sindicato Agrícola da Fonsagrada foi unha organización agraria creada na vila da Fonsagrada. O 9 de setembro de 1910 ás catro da tarde celebrouse un mitin nesa vila para confirmar a súa fundación, e resultou elixido primeiro presidente Serxio Peñamaría[1]. Segundo os xornais houbo 4000 persoas na reunión. Entre os oradores había representantes do movemento Acción Gallega.

Sindicato Agrícola da Fonsagrada
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. El Regional, venres, 9 de setembro de 1910, px. 1.