Abrir o menú principal

Ricardo Macarrón Piudo, nado en Vitoria, foi un arquitecto, militar e político español.

Ricardo Macarrón Piudo
Nacementoséculo XIX
 Vitoria
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e oficial
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Urbano Macarrón. Estudou na Academia de Infantería. Como primeiro tenente de Infantería, ingresou na Garda civil en 1909. Desenvolveu en paralelo a súa carreira militar dentro da Garda civil coa de arquitecto. Como técnico do Ministerio da Gobernación estivo ligado á Dirección Xeral de Seguridade e á de Beneficiencia Xeral. En 1936 era Tenente Coronel da Garda civil e xefe da Comandancia de Pontevedra. Foi nomeado delegado de orde público en Vigo polo Gobernador Gonzalo Acosta Pan o 17 de xullo de 1936.

Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde público de Pontevedra e gobernador civil en agosto[1]. Cesou no cargo a finais de marzo de 1937 para ser destinado a Guipúscoa. Pasou á situación de dispoñíbel gobernativo en xuño. Foi dado de baixa por desafecto ao Movimiento Nacional en setembro de 1937[2]. Despois pasou ao Servizo de Recuperación do Patrimonio Artístico Nacional.

A súas obras máis coñecidas como arquitecto son o Centro de Saúde Sandoval (1928) e o Colexio del Santo Ángel para orfos da Policía Nacional en Carabanchel (1928-1936).

Vida persoalEditar

Casou con Carolina Cenzano Godoy en 1910[3].

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 7.
  2. Pensamiento Alavés, 23-9-1937, p. 4.
  3. El Eco de Navarra, 23-9-1910, p. 2.