Giuseppe Bertello

cardeal italiano


Giuseppe Bertello, nado en Foglizzo (provincia de Turín) o 1 de outubro de 1942, é un cardeal italiano da Igrexa católica, presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano e presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano dende outubro de 2011. Traballou no servizo diplomático da Santa Sé de 1971 a 2011, converteuse en arcebispo en 1987, ostentou o cargo de Nuncio en varios países como Ruanda, México, e Italia, e foi o representante da Santa Sé ante varias organizacións internacionais.

Infotaula de personaGiuseppe Bertello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Foglizzo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cardeal
18 de febreiro de 2012 –
Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano
1 de outubro de 2011 – 1 de outubro de 2021
← Giovanni LajoloFernando Vérgez Alzaga (pt) Traducir →
Apostolic Nuncio to San Marino (en) Traducir
11 de xaneiro de 2007 – 1 de outubro de 2011
← Paolo RomeoAdriano Bernardini →
Apostolic Nuncio to Italy (en) Traducir
11 de xaneiro de 2007 – 1 de outubro de 2011
← Paolo RomeoAdriano Bernardini →
Apostolic Nuncio to Mexico (en) Traducir
27 de decembro de 2000 – 11 de xaneiro de 2007
← Leonardo Sandri (pt) TraducirChristophe Pierre (pt) Traducir →
Apostolic Nuncio to Rwanda (en) Traducir
12 de xaneiro de 1991 – marzo de 1995
← Giovanni Battista MorandiniJuliusz Janusz (pt) Traducir →
Arcebispo católico
28 de outubro de 1987 –
Apostolic nuncio in Ghana (en) Traducir
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991
← Ivan Dias (pt) TraducirAbraham Kattumana (en) Traducir →
Apostolic nuncio to Benin (en) Traducir
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991
← Ivan Dias (pt) TraducirAbraham Kattumana (en) Traducir →
Arcebispo titular
17 de outubro de 1987 – 18 de febreiro de 2012
← José Roberto López Londoño (en) TraducirGeorg Gänswein (pt) Traducir →
Diocese: Urbs Salvia (en) Traducir
Apostolic Nuncio to Togo (en) Traducir
17 de outubro de 1987 – 12 de xaneiro de 1991
← Ivan Dias (pt) TraducirAbraham Kattumana (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1966–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAgostino Casaroli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de marzo de 2013conclave de 2013 Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bertello foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966 polo bispo Albino Mensa. Licenciouse en teoloxía pastoral e obtivo un doutoramento en lei canónica. Estudou diplomacia na Academia Eclesiástica Pontificia.

Servizo diplomático editar

Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1971, e traballou até 1973 na nunciatura no Sudán, que era tamén a delegación apostólica para a rexión do Mar Vermello. Dende 1973 a 1976, foi secretario da nunciatura en Turquía, converténdose en Capelán da Súa Santidade o 9 de febreiro de 1976. Foi secretario da nunciatura en Venezuela de 1976 a 1981, e exerceu o rango de auditor da Oficina da Organización das Nacións Unidas en Xenebra de 1981 a 1987. En 1987, encabezou a delegación de observadores da Santa Sé na Conferencia de Ministros Estranxeiros do Movemento de Países Non Aliñados en Pyongyang, onde foi o primeiro sacerdote católico en visitar a pequena comunidade católica daquel país, illada dende a Guerra de Corea.

O 17 de outubro de 1987, o Papa Xoán Paulo II nomeouno Arcebispo Titular de Urbs Salvia e nomeouno nuncio apostólico en Ghana, Togo e Benín. Foi consagrado o 28 de novembro polo cardeal Agostino Casaroli, cos bispos Albino Mensa e Luigi Bettazzi como principais co-consagradores. O 12 de xaneiro de 1990, foi transferido a Ruanda, onde apoiou organizacións de dereitos humanos e animou a bispos católicos a se unir aos que avogaban polo fin da guerra civil.[1] Ficou no seu posto e viaxou por rexións perigosas onde foi testemuña do xenocidio tutsi en 1994.[2] En marzo de 1995, Xoán Paulo II nomeouno Observador Permanente da Santa Sé ante as Nacións Unidas en Xenebra e coa mesma función na Organización Mundial do Comercio. En 1997 Bertello negociou o status da Santa Sé como observador permanente na Organización Mundial do Comercio, converténdose no seu primeiro representante aquel ano.[3]

O 27 de decembro de 2000, Xoán Paulo nomeouno nuncio apostólico en México.[4] O 30 de xullo de 2002, recibiu ao Papa que relizou unha visita apostólica ao país para a canonización de Juan Diego Cuauhtlatoatzin. O 11 de xaneiro de 2006, Bertello foi nomeado Nuncio Apostólico en Italia e a República de San Marino polo papa Bieito XVI.[5]

En 2007, Bertello recibiu a Cruz Espléndida da Orde Mexicana da Aguia Azteca e o 4 de outubro de 2008 otorgóuselle a Gran Cruz de Cabaleiro da Orde do Mérito da República Italiana.[6]

Traballo na curia editar

O 3 de setembro de 2011, Bieito XVI nomeou a Bertello Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano e Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, nomeamento que se fixo efectivo o 1 de outubro de 2011, no seu 69 aniversario.[7] O 6 de xaneiro de 2012, o papa Bieito anunciou que Bertello sería ordenado cardeal.[8] Foi nomeado cardeal-diácono de Santi Vito, Modesto e Crescenzia o 18 de febreiro.[9] O 21 de abril Bieito nomeouno para un mandato de cinco anos como membro da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, a Congregación de Bispos, e o Consello Pontificio para a Xustiza e a Paz.[10]

Foi un dos cardeais electores que participaron no conclave papal de 2013 que elixiu o papa Francisco.[11]

O 13 de abril de 2013 foi asignado ao Consello de Asesores Cardeais estabelecido por Francisco para aconsellarlle un plan para reestruturar a Curia Romana.[12] Francis fíxoo membro da Administración do Patrimonio da Sé Apostólica o 10 de novembro de 2014 e membro da Congregación para as Causas dos Santos o 3 de decembro de 2016.[13][14] Francisco tamén renovou o seu nomeamento na Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano ata 2021.

Notas editar

  1. Linden, Ian (2009). "The Church and Genocide". En Baum. The Reconciliation of Peoples: Challenge to the Churches (en inglés). p. 53. 
  2. "Giuseppe Bertello, l’homme de confiance" (en francés). 29 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  3. "LO STATO VATICANO ENTRA NEL WTO" (en italiano). 1997. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  4. "RINUNCE E NOMINE, 27.12.2000" (en italiano). 27 de decembro de 2000. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  5. "RINUNCE E NOMINE, 11.01.2007" (en italiano). 11 de xaneiro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  6. "Cavaliere di Gran Croce Ordine al Merito della Repubblica Italiana". www.quirinale.it (en italiano). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  7. "RINUNCE E NOMINE, 03.09.2011" (en italiano). 3 de setembro de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  8. "Pope names 22 new cardinals, including Dolan and O'Brien" (en inglés). 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  9. "ASSEGNAZIONE DEI TITOLI E DELLE DIACONIE AI NUOVI CARDINALI". www.vatican.va (en italiano). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  10. "RINUNCE E NOMINE, 21.04.2012" (en italiano). 21 de abril de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  11. "List of Cardinal Electors" (en inglés). 12 de marzo de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  12. "COMUNICATO DELLA SEGRETERIA DI STATO, 13.04.2013" (en italiano). 13 de abril de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  13. "Rinunce e nomine, 10.11.2014". 20 de novembro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  14. "Rinunce e nomine, 03.12.2016" (en italiano). 3 de decembro de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2019.