Game Freak

empresa xaponesa desenvolvedora de videoxogos

Game Freak Co., Ltd. (株式会社ゲームフリーク Kabushiki gaisha Gēmu Furīku?) é unha compañía de desenvolvemento de videoxogos xaponesa, máis coñecida por desenvolver a serie de videoxogos de Pokémon distribuídos por Nintendo.[1][2]

Historia editar

Antes dunha compañía de videoxogos, Game Freak foi unha publicación propia de videoxogos creada por Satoshi Tajiri e Ken Sugimori na década de 1980. Tajiri escribiu e editou os textos e Sugimori facía as ilustracións. Tajiri tamén usou "Game Freak" como seudónimo cando escribía como independente para publicacións como Family Computer Magazine e Famicom Tsūshin.[3][4]

O 26 de abril de 1989, Tajiri, Sugimori e Junichi Masuda fundaron unha compañía de desenvolvemento de videoxogos co mesmo nome.[5][6] Un dos primeiros xogos de Game Freak foi o videoxogo de acción e crebacabezas para Nintendo Entertainment System Quinty, que se estreou en América do Norte como Mendel Palace. A súa serie máis popular, Pokémon— unha romanización da marca xaponesa Pocket Monsters (ポケットモンスター Poketto Monsutā?)[7]— é publicada e distribuída respectivamente por The Pokémon Company e Nintendo en todo o mundo.

En outubro de 2015, Game Freak mercou Koa Games, unha compañía de desenvolvemento de móbiles.[8] En maio de 2019, o director de Game Freak Masayuki Onoue desvelou que Game Freak preorizou a creación de videoxogos orixinais co obxectivo de facer medrar a experiencia do seu persoal.[9] A iniciativa da compañía Gear Project, que anima ós creadores a presentar ideas de xogos orixinais durante os períodos tranquilos, ata agora deu lugar a xogos orixinais como HarmoKnight, Pocket Card Jockey, Tembo the Badass Elephant e Giga Wrecker.[10]

Xogos editar

Lista de videoxogos desenvolvidos por Game Freak
Ano Título Publicador Platforma(s)
1989 Mendel Palace NamcoXAP, Hudson SoftAN Nintendo Entertainment System
1991 Smart Ball Epic/Sony RecordsXAP, Sony ImagesoftAN Super Nintendo Entertainment System
Yoshi Nintendo NES, Game Boy
1992 Magical Tarurūto-kun SEGA Mega Drive
1993 Mario & Wario Nintendo Super Famicom
1994 Nontan to Issho: KuruKuru Puzzle Victor Entertainment Game Boy, Super Famicom
Pulseman SEGA Mega Drive
1996 Pokémon Red e Blue Nintendo Game Boy
Bazaar de Gosāru no Game de Gosāru NEC Home Electronics PC Engine CD-ROM²
1997 Bushi Seiryūden: Futari no Yūsha T&E Soft Super Famicom
1998 Game Boy Camera Nintendo Game Boy
Pokémon Yellow
1999 Click Medic Sony Music Entertainment Japan PlayStation
Pokémon Gold e Silver Nintendo Game Boy Color
2000 Pokémon Crystal
2002 Pokémon Ruby e Sapphire Nintendo
The Pokémon Company
Game Boy Advance
2004 Pokémon FireRed e LeafGreen
Pokémon Emerald
2005 Drill Dozer Nintendo
2006 Pokémon Diamond e Pearl Nintendo
The Pokémon Company
Nintendo DS
2008 Pokémon Platinum
2009 Pokémon HeartGold e SoulSilver
2010 Pokémon Black e White
2012 Pokémon Black 2 e White 2
HarmoKnight Nintendo Nintendo 3DS
2013 Pocket Card Jockey[11] Game FreakXAP, NintendoInternacional Nintendo 3DS, iOS, Android
Pokémon X e Y Nintendo
The Pokémon Company
Nintendo 3DS
2014 Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
2015 Tembo the Badass Elephant SEGA Xbox One, PlayStation 4, Windows
2016 Pokémon Sun e Moon Nintendo
The Pokémon Company
Nintendo 3DS
2017 Giga Wrecker Rising Star Games Windows
Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon Nintendo
The Pokémon Company
Nintendo 3DS
2018 Pokémon Quest Nintendo Switch, iOS, Android
Pokémon Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee! Nintendo Switch
2019 Giga Wrecker Alt[12] Rising Star Games PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch
Little Town Hero[13] Dixital: Game Freak
Tenda: NIS AmericaInternacional, Rainy FrogXAP
Nintendo Switch, PlayStation 4, Windows, Xbox One
Pokémon Sword e Shield Nintendo
The Pokémon Company
Nintendo Switch

Notas editar

  1. "会社概要|GAME FREAK 株式会社ゲームフリーク|GAME FREAK 株式会社ゲームフリーク". GAME FREAK 株式会社ゲームフリーク オフィシャルサイト (en xaponés). Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  2. "GAME FREAK Secret Base for GAME FREAK's 30th Anniversary | GAME FREAK". GAME FREAK Secret Base for GAME FREAK's 30th Anniversary | GAME FREAK (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  3. Satoshi Tajiri (6 de xaneiro de 1989). "ぼくたちゲーセン野郎". Family Computer Magazine (en xaponés): 114–115. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  4. Satoshi Tajiri (1 de agosto de 1986). ビデヲゲーム通信. Biweekly Famicom Journal (en xaponés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  5. Kohler, Chris (19 de abril de 2010). Wired, ed. "Pokémon Creators' Fanzine Fetches High Price". 
  6. Previous post Next post (19 de abril de 2010). "Pokémon Creators' Fanzine Fetches High Price | GameLife". Wired.com. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  7. Swider, Matt. Gaming Target, ed. "The Pokemon Series Pokedex". Gaming Target. Consultado o 28 de febreiro de 2007. 
  8. "Pokémon Developer Game Freak Has Purchased a Mobile Game Development Company". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  9. Robinson, Andy. "Game Freak 'prioritising' original game projects". Video Games Chronicle. 
  10. Robinson, Andy. "Game Freak interview: 'We're trying to create something more than Pokemon'". Video Games Chronicle. 
  11. "Pocket Card Jockey for Nintendo 3DS". Nintendo of America, Inc. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  12. Good, Owen (18 de xaneiro de 2019). "Game Freak's Giga Wrecker is coming to consoles in 2019". Polygon. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  13. Marks, Tom (4 de setembro de 2019). "Game Freak's Little Town Hero Releases Next Month". IGN. Consultado o 5 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar